Uso de fertilizantes e xestión dos xurros en Alemaña

Neste pais buscan ofrecer aos gandeiros solucións para que sexan máis eficientes, pero que todas elas estean validadas e ao alcance de todos, de maneira que se poidan implementar antes de impor unha lei

Publicidade
Uso de fertilizantes e xestión dos xurros en Alemaña

Durante a celebración de GandAgro 2025, o Campus Terra organizou un relatorio con Diana Andrade, investigadora do Centro de Investigación Agraria de Baviera (Alemaña). O obxectivo que se marcou esta profesional é que os gandeiros e impulsores do sector primario galego “aprendan das experiencias e collan aquilo que poidan implementar aquí, de maneira que non teñan que empezar de novo senón seguir co estudado, investigado e aprobado noutros países”, detalla.

A profesional ofreceu uns datos referentes á gandaría de vacas leiteiras en canto á contaminación: a aplicación de fertilizantes está preto dun 40 %, o depósito nun 16 % e o manexo en establo, é dicir o que xeran os animais na granxa, chega a un 40 %. Por estes datos, Alemaña creou a Lei de Fertilizantes (DüV) coa que regulan o uso de fertilizantes nos campos de cultivo, tendo en conta os principios das boas prácticas profesionais.

O límite de nitróxeno nas fincasé de 170 kg de nitróxeno por hectárea por ano

“En Alemaña pesa máis que a tecnoloxía sexa validada en campo e que se certifique a accesibilidade e beneficios para os gandeiros”, destaca, e engade que “creo que é importante entender que Alemaña é pioneira en moitas cousas, pero tomou conciencia de que non se trata de implementar calquera tecnoloxía senón buscar os argumentos e definir as condicións para que sexa posible a nivel de campo”. Puntualiza que o goberno non quere favorecer a un determinado mercado que ofrece unha determinada tecnoloxía, senón que se mantén imparcial á hora das recomendacións.

Diana Andrade, investigadora do Centro de Investigación Agraria de Baviera (Alemaña)

Diana Andrade, investigadora do Centro de Investigación Agraria de Baviera (Alemaña)

A lei regula o uso de fertilizantes durante toda a cadea de abonos, define os principios de cumprimento dos fertilizantes e hai limitacións na cantidade de nitróxeno que se pode aplicar por hectárea ao ano, en función das necesidades de nutrientes de cada cultivo e das analíticas da terra. O límite é de 170 kg de nitróxeno por hectárea por ano. “O agricultor non é só a persoa que se encarga dos animais, senón que se lle esixe que sexa unha persoa consciente, que saiba de matemáticas, de medioambiente e unha chea de cousas”, describe e engade que “son persoas que xa traballan moito e non teñen tempo para todas as tarefas por iso deseñamos ferramentas para implementar a lexislación sen necesidade de que teñan tantos coñecementos”.

Aplicación de fertilizantes

En canto á aplicación de fertilizantes, cabe puntualizar que só se pode aplicar se o solo é adecuado para recibir. Por iso, dispoñen dun equipo de traballo que xera material dixital e xéranse folletos que permiten observar cando se poden aplicar e cando non. “Parece unha medida parva, pero é eficaz porque se pode observar facilmente se se pode aplicar ou non”.

En relación das augas, desde o equipo de funcionariado detallan as condicións e fanas accesibles a todos os gandeiros “de maneira que non se teñen que ler as 230 páxinas da lexislación”. Deste xeito, dispoñen da información necesaria para coñecer en que áreas hai maior contaminación e en cales menos.

Alemaña prohibiu o uso do prato invertido, aínda que contempla excepcións

Alemaña vai no quinto ano da implementación da normativa, e unha dos temas máis discutidos foi o tempo da aplicación de xurro en zonas de cultivo con métodos como o prato invertido. “Todo aquilo que é como un helicóptero está prohibido e non houbo un período de preparación”, subliña. Hai excepcións marcadas polas circunstancias: “Para os casos especiais faise un diagnóstico da situación e xérase unha recomendación, pero nós non podemos autorizar que dispoña o xurro de maneira diferente”.

Na prohibición tamén entran os problemas de cheiros e contaminación de auga, xa que con sistemas de aplicación máis precisos pódense evitar estas dúas problemáticas. “A protección de auga é un tema fundamental”, recoñece. 

Tecnoloxías de aplicación permitidas

A profesional presentou algúns sistemas permitidos polo goberno alemán. O método de arrastre con mangueira que ten uso limitado en pasteiros e cultivos de corte múltiple. É recomendable para xurros máis diluídos como o de porcino. 

No caso do método de zapatas de arrastre é máis favorable para pasteiros. A aplicación é eficiente no momento, porque se reducen as emisións e contaminantes. “Cando cae no pasto non toma tanto aire e evítanse problemas”.

Outro método modificado é que de inxeccións veñen cunhas ranuras para que cando o xurro mellore a súa chegada á superficie do chan.

No ano pasado déronse novos resultados de estudos científicos onde o esterco de gando pódese diluír con auga. Fixéronse estudos non só en laboratorio senón a nivel práctico onde se ve que, se a dilución é menor do 4,6 % dos sólidos totais, cúmprese a lexislación de diminución de emisións de amoníaco. Para iso xerouse unha APP, que lle calcula o que se pode facer e como.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información