A USC presenta un curso de verán sobre a dixitalización na industria vitivinícola

O XII Foro do Albariño engade así unha mirada profunda á integración das novas tecnoloxías no sector do viño

Publicidade
A USC presenta un curso de verán sobre a dixitalización na industria vitivinícola

María Cadaval, Directora do Curso de Verán da USC, xunto con Elisa Mª Rubí Cano, secretaria, e Xosé Ramón Durán-Roque, Presidente-Conselleiro delegado de Adegas Terra de Asorei, anunciaron a nova edición do Curso de Verán da USC sobre “A dixitalización na industria vitivinícola e o mundo dos viños galegos“. Esta formación terá lugar os días 4 e 5 de xullo de 2024 nas instalacións de Adegas Terra de Asorei, en San Martiño de Meis, Val do Salnés.

O curso está deseñado para un público amplo que inclúe alumnado universitario, profesorado de formación profesional, profesionais do sector do viño e público en xeral interesado no albariño e nas novas tendencias do sector. Segundo Elisa Rubí, a dixitalización é crucial para a adaptación ás demandas do mercado e a mellora continua da calidade no sector vitivinícola.

Xosé Ramón Durán-Roque subliñou a importancia de reflexionar sobre a dixitalización desde diferentes perspectivas dentro do sector, desde a viticultura ata a comercialización. O curso tamén incluirá o XII Foro do Albariño, que iniciou no 2008 e que desde 2019 se celebra xunto co curso de verán da USC.

Entre os ponentes destacados atópanse Amparo Alonso, Catedrática da UDC e Presidenta da Asociación Española para la Inteligencia Artificial, e Gumersindo Feijoo Costa, Vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, quen falarán sobre as aplicacións da intelixencia artificial no campo e a mellora das explotacións vitivinícolas mediante a dixitalización.

O evento tamén destacará exemplos prácticos de dixitalización nas adegas e outras industrias, con presentacións de empresas como SIGENA BODEGAS e Jealsa Rianxeira, e discutirán sobre o uso da tecnoloxía na xestión dos viñedos.

Ademais das presentacións e discusións técnicas, o curso ofrecerá unha cata e maridaxe de conservas e albariños, proporcionando unha experiencia enriquecedora que combina teoría e práctica. A clausura contará coa actuación de Carolina Rubirosa e a participación especial da Zona Franca de Vigo.

Para máis información e inscricións, os interesados poden contactar a través do correo info@terradeasorei.com ou no teléfono 986 680 868.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información