Unións valora positivamente o novo contrato homologado para a compra de uva

Publicidade
Unións valora positivamente o novo contrato homologado para a compra de uva

Unións Agrarias solicita a implicación da Xunta de Galicia para que o novo contrato tipo de homologación de compravenda de uva entre adegas e viticultores, que impulsou a nivel estatal a Interprofesional del Vino de España, se convirta no método habitual de relación entre produtores e adegas. A organización valora positivamente a nova ferramenta; e insta ao goberno galego a “mover ficha para conseguir que o seu uso aporte as garantías que os pequenos e medianos viticultores precisan”.

UUAA entende que a posta en marcha dun novo contrato plurianual “permitirá dotar de maior estabilidade ao conxunto do sector vitivinícola”. A organización considera que a aplicación dunha relación contractual a tres anos “suporá un importante espaldarazo para os produtores de uva e permitirá avanzar cara a unha relación máis igualitaria entre estes e as adegas; evitando sorpresas así como a posible aplicación de cláusulas abusivas”.

Así as cousas, Unións Agrarias insta á Xunta de Galicia a vincular o uso deste novo contrato tipo a liñas de axudas públicas ás adegas como as recollidas na nova “Estratexia do Viño”, así como ao despósito dos contratos asinados nun rexistro público antes do inicio da vendima.

UUAA entende que “este é momento perfecto para activar o rexistro público de contratos” que a organización leva tempo reclamando. “Unha ferramenta indispensable para dotar de garantías aos produtores e evitar a sinatura de contratos en branco; así como a posibilidade de que as adegas realicen modificacións no prezo pactado ou o adapten ás súas necesidades unha vez recollida a uva”, advirten.

Máis información sobre os novos contratos para a compra de uva

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información