Unións reclama unha suba de prezos para a carne de Ternera Gallega Suprema

Unións reclama unha suba de prezos para a carne de Ternera Gallega Suprema

O sindicato Unións Agrarias advirte de que os produtores de gando de carne con certificación no selo Ternera Gallega Suprema, “vén como día a día as súas rendas van perdendo viabilidade polos incrementos desmesurados de custes que están a padecer na alimentación animal que xa supera os 400 euros/tn no penso”.

“Este contexto de inestabilidade -afirman-, derivado da situación dos mercados internacionais, está a provocar que se vexan comprometidas as melloras que se conseguiron logo da sinatura do Acordo pola mellora da rendibilidade asinado polos elos da cadea de valor do sector cárnico -entre eles Unións Agrarias- o pasado mes de marzo”.  Uns incrementos que se cifran, segundo a organización, nun 18,1% no que vai de ano o que supuxo un incremento nas cotizacións de 0,93 Euros.

Ante esta situación, reclaman un maior control sobre a formación de prezos polo que UUAA solicita que “se active dunha vez o Observatorio de prezos, tal como se acordara no momento de botar a andar o citado protocolo”. “Tamén resulta de vital necesidade -engaden- que se dote de recursos a chamada AICA galega para lograr un control efectivo na aplicación dos custes de produción nos contratos de aprovisionamento que asinan os matadoiros cos produtores”!.

A IXP Ternera Gallega produce 22.562 toneladas de carne dos cales 11.499 Toneladas son de Ternera Gallega Suprema, que saen de case 8.000 ganderías en Galicia, de zonas especialmente sensibles demográfica, ambiental e socialmente.

Por último, desde UUAA reclámase un incremento nos plans de comercialización da carne galega certificada, xa que afirman que “neste momento acada un 16% de cota de mercado en España neste ranking”. “Ademais hai ter en conta que so o 47% se comercializa fora de Galicia o que deixa unha marxe de crecemento importante pola súa calidade contrastada e recoñecemento nas persoas consumidoras”, subliñan.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información