Unións reclama ampliar o prazo de solicitude para plans de mellora e de incorporación

agricultores3xinzoGranxa

O sindicato Unións Agrarias (UUAA) ven de remitir unha carta a conselleira do Medio Rural na que reclaman que se amplíe o prazo para que as persoas interesadas en solicitar axudas para plans de mellora e de incorporación poidan efectuar as solicitudes. UUAA considera insuficiente o período habilitado que ten un mes de duración e remata a finais de xullo.

Aseguran que o prazo fixado non é abondo para que “os interesados actualicen os elementos da súa explotación na plataforma XEAGA e cumprimenten a súa solicitude a través da aplicación informática MELLES, que actualmente rexistra constantes incidencias no seu funcionamento”.

Ademais, UUAA afirma que na actual convocatoria se modificaron os rangos de idades para os solicitantes. Dese xeito, se no 2024 se establecía que para acceder ás axudas para o establecemento de persoas agricultoras mozas estas debían ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos, na actual convocatoria de 2025 engádese o requisito de non facer os 41 anos no ano natural da convocatoria. O sindicato considera que esa limitación “frustrará o proxecto de vida das persoas que tendo 40 anos quedan excluídas desta convocatoria por menos de 6 meses”.

Por eso, na carta remitida á conselleira María José Gómez Rodríguez, a organización pide que se retome a redacción anterior, que fixaba o rango de idades en: “Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información