Unións pide á Xunta que impulse un estudo dos custes de produción na viticultura galega

Publicidade
Unións pide á Xunta que impulse un estudo dos custes de produción na viticultura galega

Vendima no Ribeiro

Unións Agrarias insiste na necesidade de que desde a Consellería do Medio Rural, se impulse un estudo sobre os custes de produción na viticultura galega que sirva para reforzar a utilidade dos contratos de aprovisonamento que as adegas aplican aos produtores.

“Neste momento, e pese as estipulacións que se recolle na Lei de Cadea, os compradores de uva aproveitan que non están cuantificados os gastos reais que asumen os viticultores para impoñer uns prezos que moitas veces non cobren os custes de produción”, advirten dende a organización agraria.

“Sen concretar estes baremos de custes -engaden- é imposible poder negociar o prezo para uva que permita manter activa a produción vitícola galega”.

Neste sentido, Unións Agrarias insiste en reclamar da Xunta de Galicia a habilitación dun rexistro público no que se depositen antes da vendima, os contratos de compra de uva para certificar que cubran os custes de produción, Asimismo, piden que as adegas que non participen nel non teñan acceso ás liñas de liquidez da Xunta.

Axudas para as pequenas adegas familiares

Por outro lado UUAA mantén que as liña de axudas ás adegas da Consellería do Medio Rural “debe garantir unha modulación que prime a viticultura social de pequenas explotacións que son maioritarias en todas as denominacións de orixe de Galicia”.

A organización agraria lembra que en zonas produtivas como O Ribeiro “o 95% da produción recae en viticultores con menos de 2 Ha, pero sen embargo vemos como a maior parte dos fondos irán a novas plantacións de grandes adegas, o que a medio prazo vai supoñer un cambio do modelo produtivo, deixando a moitas comarcas do interior de Galicia sen o único activo económico que as mantiña vivas”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información