Unións pide unha reunión con Educación para tratar o impacto do catastrazo nas becas

A nova tributación dos bens rústicos fará perder axudas aos fillos dos gandeiros

Unións pide unha reunión con Educación para tratar o impacto do catastrazo nas becas

O secretario xeral de UUAA, Roberto García, vén de rexistrar unha solicitude de reunión co conselleiro de Educación, Román Rodriguez, para trasladarlle a preocupación coa que os titulares das explotacións agrogandeiras galegas están a vivir o inminente procedemento de regulación catastral.

Tal como está denunciando nas últimas semanas a organización agraria o “Catastrazo”, que se está a desenvolver en Galicia dende o ano 2013 en aplicación da Resolución da Dirección Xeral do Catastro, supón un intento do Ministerio de Facenda de sanear as contas dos Concellos a través da revisión e suba dos bens do Catastro de Urbana e Rústica en toda España en xeral, e nos concellos de Galicia en particular.

Neste sentido, Unións Agrarias entende esta revisión “é desproporcionada xa que no caso de Rústica, o Ministerio pretende multiplicar a recadación por 10 mediante o Catastrazo, unha vez que finalizase o proceso de regularización”.

Pero ademáis, con esta modificación entra a figurar de xeito formal no patrimonio de agricultores, gandeiros en activo ou xubilados, o valor catastral das construcións da granxa, con todos os efectos fiscais que con leva.

Pódese deixar sen bolsas de estudo a moitos fillos e fillas de agricultores e gandeiros

Así na convocatoria de Becas de Estudos 2016, do Ministerio de Educación, fíxase un “umbral patrimonial”, segundo o cal, “La suma de los valores catastrales de las fincas rústicas pertenecientes a los miembros computables de la familia, dividido entre el número de miembros de la unidad familiar, no puede superar los 13.130 € por cada miembro computable”.

Isto pode deixar sen posibilidades de acceso ás becas, a moitos fillos e fillas dos agricultores e gandeiros de Galicia, unha vez que a devandita revisión do Catastro de Rústica, dea de alta e actualice os valores das instalación rústicas anexas ás explotacións, que ata o de agora non se viñan considerando aos efectos do Catastro.

“É falso que o feito de contar cunha nave no patrimonio da explotación, moitas veces en situación de grave endebedamento familiar ou de falta de rendibilidade económica da actividade agrogandeira, supoña ningún tipo de situación de privilexio económico ou patrimonial que faga innecesaria á beca, antes ben ao contrario”, advirten dende Unións Agrarias.

Neste sentido, dende a organización agraria consideran que “este umbral patrimonial é un absurdo económico, social e moral, que debe de ser removido de inmediato polo Ministerio de Educación, de xeito que na apertura do novo prazo de solicitude de becas, ningún fillo de agricultor ou gandeiro de Galicia, quede sen a súa posibilidade de estudar por falta de medios económicos, invocando esta inxusta medida”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información