Unións pide que se prolongue a tempada de caza do xabaril para evitar danos na agricultura

Unións pide que se prolongue a tempada de caza do xabaril para evitar danos na agricultura

Nesta época xa empazan observarse os danos dos xabaríns nos prados

Unións Agrarias do Deza Tabeirós e Terra de Montes ven de enviar un escrito ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra, onde solicita se lle informe do balance desta temporada de caza do xabaril nos distintos TECOR destas comarcas, así como solicita a prolongación extraordinaria do período de caza do xabaril.

Solicita tamén que se programe dende a Administración, e en colaboración cos TECOR´s, as medidas que sexan precisas para evitar os danos do xabaril na vindeira campaña de produción do millo que comenzará na primavera.

O próximo domingo 14 de xaneiro, finalizará a tempada oficial de caza do xabaril, que non volverá abrir ata finais de agosto ou principios de setembro deste 2018. Ata entón só é posible autorizar a caza do xabaril de xeito extraordinario, con criterio de control e prevención de danos.

Solicitan que a tempada de caza do xabarín se prolongue como mínimo un mes máis

Non obstante, segundo Unións Agrarias “cazadores e gandeiros coinciden no elevado número de xabarís que hai este ano na comarca, e como é moi previsible que produzan elevados danos na inmediata campaña de cultivos, así como que se reproduzan ata un nivel moi difícil de controlar o ano que ven, de non tomarse agora medidas resolutivas de control poboacional, como a prolongación da temporada de caza un mínimo dun mes, para reducir o número de adultos e estabilizar a poboación destes animais”.

Para a organización agraria “é preciso tomar medidas, especialmente naquelas zonas onde os cazadores non teñan acadado o número de exemplares abatidos que teñen establecido nos seu Plan de Ordenación Cinexética, ou incluso naqueles onde sexa evidente que aínda cumprindo o Plan, existen demasiados reprodutores que auguren un serio problema para os vindeiros meses, por danos na agricultura e a gandería”.

Unións estima que unhas perdas dun mínimo do 10% dos cultivos debidos aos danos do xabarín, uns danos que considera inasumibles para os gandeiros, máxime cando non existen axudas por parte da Administración para compensalos.

Descarga aqui a solicitude presentada ante a Xunta de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información