Unións pide que se amplíe o prazo de tramitación da revisión de cotas dos autónomos agrarios

Unións Agrarias solicita a Tesourería da Seguridade Social unha ampliación do prazo de regularización das cotas en relación aos rendementos netos obtidos explotacións agrogandeiras. As primeiras notificacións que están chegando as granxas fixan como data final o 31 de xaneiro para comunicar conformidade ou modificacións.

Segundo advirten dende Unións “estas comunicacións electrónicas poden quedar sen abrir porque en ocasións non se poden descargar por falta de medios técnicos ou coñecementos por parte do produtor autónomo”. “Unha circunstancia -engaden- que de producirse vai a ter importantes repercusións posto que segundo a cotización que fagan o importe económico das súas prestacións (incapacidade temporal – baixas médicas, incapacidade permanente, xubilacións etc.) vaise ver afectado”.

A organización agraria advirte de que se poden dar casos nos que “pola falta de pericia da persoa, por erros nos datos de contacto ou ben porque non teñan representación autorizada no sistema Red da Seguridade social, queden autónomos agrarios sen poder manter a base de cotización”.

Hai que ter en conta que nesta época concentrase unha forte carga burocrática nas explotacións polo que desde UUAA se pide que se amplíe o prazo para evitar problemas innecesarios a un colectivo profesional que se atopa en gran medida preto da xubilación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información