Unións pide medidas contra a praga da rata toupa, que afecta á montaña de Lugo

Unións pide medidas contra a praga da rata toupa, que afecta á montaña de Lugo

Danos da praga nunha pradeira. / Arquivo.

A praga da rata toupa, detectada en Galicia por primeira vez no 2019, na comarca de Triacastela, continúa sen estar baixo control. Unións Agrarias considera que hai un “abandono” da Consellería de Medio Ambiente na resolución do problema. “Pasaron máis de dous anos ata que puxeron en marcha un plan piloto de ensaio, sen ir máis alá, porque a fase de erradicación aínda está sen concretar”, cuestionan.

A organización agraria considera que os ensaios para probar distintos métodos de control da praga chegan tarde. “Máis alá dos trampeos experimentais que está facendo persoal de Tragsa, non hai estratexia nin orzamento. Todo apunta a que a Consellería pensa deixar en mans dos afectados a instalación de trampeos”, critica Unións.

Outro punto de disconformidade está na falta de axudas para paliar os danos. Fronte a esa situación, Unións pon o exemplo de Asturias, que no 2017 habilitou axudas de 700 hectáreas nas pradeiras de sega e 380 euros nas de pastoreo para os gandeiros afectados por un andazo de rata toupa similar ó da montaña lucense.

A expansión do problema preocupa tamén en Lugo, pois se no 2019 a praga afectaba á contorna de Triacastela e de Becerreá, na actualidade xa chegou ós municipios das Nogais, Baralla, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Samos, segundo indica a organización agraria, que cifra a superficie afectada nunhas 1.600 hectáreas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información