Unións lamenta o rexeitamento da Xunta a modificar a PAC

Unións lamenta o rexeitamento da Xunta a modificar a PAC

Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias

O sindicato Unións Agrarias ven de emitir un comunicado no que lamenta o que considera “desatención da Xunta de Galicia ás propostas trasladadas pola organización agraria para modificar a norma ministerial de aplicación da nova PAC” en Galicia.

En concreto, Unións refírese á negativa da Consellería do Medio Rural a modificar o período de control da diversificación de cultivos do pago verde da PAC para permitir que as explotacións puidesen cultivar ata o 100% da superficie con millo forraxeiro, o que, en principio, redundaría nunha mellora da súa rendibilidade.
Neste sentido, o sindicato critica que “non se entende que despois dunhas longas negociacións -entre Unións e a Consellería- se tire co avanzado baixo o recorrente e falso argumento de que Bruxelas non permite as modificacións”.

Así, o sindicato instaba a que o período no que se verifica a porcentaxe de cultivos se correspondese cos cultivos de inverno, de xeito similar ao que fixo o goberno de Asturias.

O ano pasado Medio Rural ditou que o período principal de cultivo de Galicia fora unicamente o comprendido entre maio e setembro, mentres que este ano é de maio a xullo, “co que se volve limitar a produción de millo ao 75% da súa superficie de terras arables, introducindo outros cultivos con menor valor nutricional para o gando”, e provocando unha mingua na rendibilidade das explotacións lácteas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información