Unións detecta no Deza un repunte dos danos do xabarín tras o remate da tempada de caza

Unións detecta no Deza un repunte dos danos do xabarín tras o remate da tempada de caza

Danos do xabarín nun prado. / Arquivo.

Unións Agrarias vén de remitirlle un escrito á Xefatura Provincial de Caza de Pontevedra solicitando unha batida para solucionar os danos provocados polo xabarín nos prados de Oirós, en Vila de Cruces. O problema está a afectar en especial ós produtores de leite da parroquia, unha situación extensible a moitas outras zonas da comarca do Deza e Tabeirós- Terra de Montes, segundo a organización agraria.

Desde Unións sinalan que estase a detectar un repunte de danos no mes posterior ao peche da tempada de caza, “cando normalmente habería unha pequeña tregua nos danos no agro”. “Isto evidencia que algo se está a facer mal no control das poboacións de xabaríns e anticipa ademais problemas para a campaña de sementeira do millo, que comenzará en apenas dous meses.”, advirte a organización.

“A realidade é que mandas de porcos bravos están afectando seriamente aos prados, que quedan inutilizados para a sega e ensilado do forraxe, coas conseguintes perdas. É moi normal que unha explotación agraria da comarca do Deza cunhas 10 parcelas en producción, teña constantemente 2 ou 3 inutilizadas pola acción do xabaril, co conseguinte aumento de custos e perda de producción, que non se lle compensa ao produtor”, cuestiona Unións.

A organización sinala que a situación é extensible tamén a moitas zonas das provincias de Lugo e Ourense. “Cómpre polo tanto un novo deseño do método de control das poboacións de xabarís, para o que haberá que reunirse co sector dos cazadores e a Administración da Xunta para buscar unha nova forma de abordar este problema, xa que agora mesmo hai un descontrol do xabarín e unha indefensión dos gandeiros”, destaca o secretario comarcal do Deza de Unións, Román Santalla.

Unións Agrarias demanda que se poida cazar xabarín durante todo o ano e pide que se arbitre un mecanismo de compensación de danos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información