Unións cuestiona vendas de leite a 0,37 en Eurofrut

A organización agraria advirte de que esa oferta, da marca Frixia, constitúe unha práctica que banaliza o leite e que vai contra os compromisos acadados na cadea de valor do sector lácteo

Unións cuestiona vendas de leite a 0,37 en Eurofrut

Leite en oferta a 0,32. / Imaxe: Unións Agrarias.

Unións Agrarias detectou estes días varias ofertas de leite a 0,37 euros en establecementos do grupo Eurofrut en Guísamo e Ordes. A organización agraria considera que esa oferta, correspondente á marca Frixia, constitúe unha práctica de banalización do produto que vai en contra dos compromisos acadados na cadea de valor do leite.

Por ese motivo, Unións pediu a retirada da oferta e advertiu de que, se continúa, procederá a cursar unha denuncia ante a Interprofesional Láctea, a fin de activar o protocolo contra a banalización do produto. Non foi posible polo de agora recabar a versión de Eurofrut.

Fontes do sector atribúen a oferta á próxima retirada do mercado galego da marca Frixia, envasada por Logística Alimentaria. Segundo estas fontes, Eurofrut podería ter optado por facer unha liquidación do stock de Frixia antes de que a marca deixe o mercado galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información