Unións critica que o plan do Ministerio de axudas ao sector do viño non se adapta a Galicia

Publicidade
Unións critica que o plan do Ministerio de axudas ao sector do viño non se adapta a Galicia

Paisaxe vitícola da Ribeira Sacra

Unións Agrarias non ve operativo o plan que acaba de presentar o Ministerio de Agricultura de axudas ao sector vitivinícola pola crise de mercado derivada da pandemia da Covid-19. “Ningunha das grandes medidas anunciadas no BOE van facilitar o relanzamento do sector do viño galego pola falta de adecuación a Galicia”, advirte a organización agraria, que xa anuncia que presentará alegacións ao texto proposto para que se respecte a especificidade do modelo de viticultura social galega.

En concreto, advirten de que tanto a destilación de crise, consistente en derivar á elaboración de vinagres e alcohol de uso sanitario parte do viño almacenado, como o almacenamento privado de excedentes, “non é viable porque fixan mínimos de 5.000 litros, o que deixaría fóra ás adegas medianas e pequenas de Galicia”.

“As medidas propostas polo Ministerio non se adaptan á realidade galega”

“Tampouco a “vendima en verde”, é aplicable porque a produción de uva galega está moi axustada e resulta moi prematuro pensar nun exceso de froito para a vendima”, engaden. Respecto da mixtura de añadas ata un 30% de viño vello, como se valoraba a semana pasada desde a Consellería de Medio Rural, advirtend que “non ten fácil concreción polas limitacións da Unión Europea, que só permite chegar a un 25% e nuns casos moi específicos”.

Unións propón que Xunta e Ministerio xunten esforzos para a elaboración dun plan adaptado á morfoloxía do sector do viño de Galicia, no que teña unha presenza relevante a viticultura social, de segunda actividade, as pequenas adegas con edicións curtas pero con prezos altos con destino a restauración, etc.

“Esta posta en común haberá de servir para definir que parte dos 74 millóns de euros anunciados polo Goberno para contrarrestar os efectos da crise do Coronavirus en todas as zonas produtoras de viño españolas, lle corresponderá directamente a Galicia”, afirman.

Axudas a adegas vinculada a que recollan a uva a prezos que cubran os custos de produción

Ademáis, paara Unións Agrarias “é imprescindible a apertura de mesas de traballo en todas as denominacións de orixe nas que se senten produtores, consellos e adegas de cara a trazar un plan de impulso sectorial”. Nese sentido, a organización agraria pide que se aceleren os estudos de custes de produción vitivinícolas que patrocinan Medio Rural e Deputación de Ourense para que se publiquen no mes de xullo, e poidan ter efecto sobre a vendima deste ano.

A organización tamén reclama da Xunta de Galicia que vincule calquera liña de liquidez ás adegas a que garantan a recollida da uva a prezos que cubran os custos de produción e que se obrigue a depositar os contratos de abastecemento nun rexistro público para certificar que este cumpre coa lexislación vixente.

Finalmente, Unións Agrarias pide a Consellería de Medio Rural que emita circulares ás oficinas agrarias informando sobre o criterio respecto dos prazos de xustificación dos plans de reestructuración de viñedos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información