Unións alerta da forte caída da produción de millo forraxeiro, cunhas perdas de 51 millóns de euros para as ganderías

Millo seco na provincia de Lugo colleitado este luns

Millo seco na provincia de Lugo colleitado este luns

Unións Agrarias alerta da forte caída na produción de millo forraxeiro destinado a alimentación animal das granxas. Pola primeiras valoracións estímanse unhas perdas de mais de 51 millóns de euros e unha baixa na produción 855.000 toneladas de millo, “o que sen dúbida vai a incrementar en moito os custes de produción pola forte especulación que hai sobre estas materias primas debido a alta demanda e a baixa oferta”.

A organización agraria asegura que “o 2025 foi un ano difícil dende un principio polas choivas reiteradas no mes de maio que provocaron que se sementara só un 30% nas datas habituais, e un retraso de mais de 20 dias no 70% da superficie”. Por outra banda a actual ola de calor trouxo unha forte caída da produción que desde UUAA se estima nun 15% no millo que foi sementado cedo, e dun 30% nese 70% da superficie, e que naqueles casos en que fora sementado moi tardiamente incluso a perda completa da produción.

Neste contexto, Unións lembra “a situación das explotacións de leite que aínda que o prezo medio se sitúa a día de hoxe por enriba dos 48 céntimos, a maior parte das explotacións, as granxas familiares de menores dimensións e capacidade produtiva, continúan moi lonxe desa cantidade e máis aínda do prezo medio da Unión Europea”. “Un escenario que, na práctica, está a forzar un regueiro constante e imparable de peches de granxas: 92 nos catro primeiros meses de 2025, e máis de unha ao día no último ano, exactamente 369. Con apenas 5.154 granxas de leite funcionando en Galicia, o sector comeza a resentirse cunha produción que ven de rexistrar unha caída do 1,77%”, advirten.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información