Unións Agrarias reclama unha delimitación máis axustada das Zonas Vulnerables á Contaminación por Nitratos

A organización pide acotar as zonas afectadas para reducir o impacto sobre as explotacións agrogandeiras

Unións Agrarias reclama unha delimitación máis axustada das Zonas Vulnerables á Contaminación por Nitratos

Imaxe de arquivo.

A organización Unións Agrarias ven de presentar un escrito á Consellería do Medio Rural solicitando que a delimitación das Zonas Vulnerables á Contaminación por Nitratos (ZVN) se axuste ás concas dos ríos onde se detectaron concentracións elevadas destes compostos.

UUAA critica que a listaxe publicada pola Xunta de Galicia inclúe a totalidade dos concellos afectados como ZVN, o que supón un impacto excesivo sobre as explotacións agrogandeiras.

A organización recorda que a Directiva 91/676/CEE establece que a designación das ZVN debe limitarse ás zonas afectadas, evitando a inclusión de territorios nos que non se cumpran as condicións que xustifiquen a súa consideración como vulnerables.

Ademais, Unións Agrarias insta a Augas de Galicia a realizar probas de contraste para evitar que as granxas sexan responsabilizadas de falsos positivos por contaminacións alleas á súa actividade. Tamén reclaman un filtrado dos datos para previr erros informáticos ou de xestión que poidan levar a unha clasificación errónea das zonas afectadas.

Finalmente, a organización destaca a importancia do uso de xurros na produción de forraxes como parte dun modelo de economía circular e sostible. UUAA reitera a necesidade de profesionalidade e rigor por parte das administracións na xestión dos datos, ademais de apoiar as accións enfocadas na protección ambiental e mellora da calidade dos alimentos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información