Unións Agrarias pídelle a Competencia e á AICA que declaren ilegais os novos contratos lácteos

UUAA UNIONS FENILUnha delegación de Unións Agrarias, encabezada polo seu secretario xeral, Roberto García, reuniuse esta mañá en Madrid, coa dirección da Federación Nacional de Industrias Lácteas (FENIL) para trasladarlles o seu rexeitamento aos contratos lácteos presentados pola parte industrial e anunciarlles unha ruptura de relacións.

“Trasladamos a situación ao presidente FENIL e ao seu director xeral a situación grave que se está dando en Galicia onde hai unha proposta de baixada unilateral por parte das industrias lácteas, unha baixada que duplica o que están ofrecendo estas mesmas industrias noutras Comunidades Autónomas”, asegurou Roberto García trala reunión celebrada na sede da FENIL.

Lembrou que esta forte baixada de prezos “realízase ademáis nun momento no que hai un incremento sustancial de custos de produción para as ganderías, e polo tanto incumprindo a Lei da Cadea Alimentaria, poñendo en xaque así o futuro de moitas explotacións”. Desta maneira, pronosticou que “vanse reducir as entregas de leite e agrandar o diferencial que ten España entre produción e consumo de leite e derivados lácteos”.

Neste sentido, advertiu de que “esta baixada pon en risco os investimentos de moita xente nova que se incorporou ao sector nos últimos anos, pon en risco o abastecemento do mercado nacional. E sen gandeiros e sen produción de leite en España o que sobran tamén son as industrias, porque nada impide que o leite excedentario doutros paises poda vir envasa ou en forma de queixos”.

Ruptura de relacións dentro da INLAC

Ademáis, o responsable de Unións Agrarias avanzou que “non ten razón a continuidade da nosa organización na Interprofesional Láctea para promover o consumo de leite que é foráneo, e tampouco seguir traballando dentro da INLAC nun plan de futuro para o sector cando a parte da industria plantea de forma unilateral uns contratos que son de adhesión, xa que os gandeiros non teñen máis alternativa que asinar ou ter que tirar o leite”. “Damos por rotas por tanto por rotas as relacións dentro da INLAC e coa industria mentres esta non cambie esta situación”, engadiu.

Por outra parte, Roberto García informou de que “seguiremos traballando para que estes contratos se declaren ilegais e denunciarémolos ante a AICA por incumprir a Lei de Cadea Alimentaria”.

Iugalmente, Unións Agrarias trasladará tamén á Comisión Nacional da Competencia que “a entrada de leite foráneo a mesmo 10 e 12 céntimos o litro, moi por debaixo dos 48 que lle pagan aos gandeiros franceses, é unha práctica ilegal”. “E de confirmarse pedirémoslle á Xunta e á AICA que interveñan nestas industrias porque estas prácticas están distorsionando o mercado e creando un fraude ao consumidor ao non poder identificar a orixe do leite que ven no cartón”, adiantou.

O secretario xeral de Unións Agrarias concluiu defendendo que “indepentemente de que o 1 de abril estean asinados, estes contratos teñen que ser anulados antes de que remate o mes”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información