Unións Agrarias solicita a Consellería do Medio Rural que axilice o pago anticipado desde hoxe das axudas da PAC ás explotacións, especialmente ás situadas na provincia de Ourense, polas dificultades que están atravesando polo incremento de custes derivados da seca na produción de forraxe e os danos derivados da vaga de incendios.
As axudas directas e as de desenvolvemento rural -suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (SIXC) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2022 e do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC) -supoñen unha parte importante da renda das persoas agriculturas e gandeiras.
O Real Decreto 1048/2022 establece que a Consellería de Medio Rural poderá pagar anticipos entre o 16 de outubro e o 30 de novembro. Para esta campaña a Comisión Europea autorizou o incremento do pagamento anticipado coa finalidade de dotar de maior liquidez ás explotacións no comezo da campaña agrícola e axudalos a facer fronte ao impacto dos actuais conflitos na Ucraína e en Oriente Próximo e das condicións climáticas adversas en distintas zonas.
Galego









Control OJD