Unións Agrarias mobilizarase a vindeira semana diante de Mercadona para que suba o prezo do leite

Unións Agrarias mobilizarase a vindeira semana diante de Mercadona para que suba o prezo do leite

A organización Unións Agrarias anuncia que iniciará mobilizacións a semana que ven diante das tendas de Mercadona para “denunciar a súa política comercial para manter artificialmente baixos os prezos do leite nos seus establecementos condicionando as negociacións dos novos contratos de aprovisionamento en orixe cos produtores”. A compañía valenciana de distrtribución vende o 30% do leite español.

A campaña de protestas, que abarcará a calquera supermercado dos que Mercadona ten abertos en Galicia, busca, segundo Unións “pór de manifesto a situación límite na que se atopan as explotacións en Galicia, con subas na electricidade do 69% e nas facturas da alimentación animal dun 39% respecto ano pasado e mais dun 25% respecto de xaneiro deste mesmo ano”.

Porén, Unións Agrarias denuncia que “Mercadona sigue conxelando o prezo dos seus bricks nos lineais cunha clara estratexia de usar o leite como produto reclamo o que contravén totalmente a Lei da Cadea Alimentaria”. “Así,  mentres outras cadeas de distribución equilibraron o prezo de venda ao público do cartón de leite coa nova situación de custes dos gandeiros, Mercadona sigue forzando prezos anormalmente baixos para mellorar a súa conta de resultados”, advirten.

Neste sentido, a organización agraria alerta de que “esta estratexia de non ser corrixida pode contaxiar ao resto das superficies comerciais para que usen a venta a perdas alterando gravemente o mercado e toda a cadea de valor do leite”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información