Unións Agrarias inicia un programa formativo de capacitación en técnicas agroecolóxicas

Os cursos son gratuítos e chegarán a 1.000 persoas traballadoras do sector agrario

horta labregoUnións Agrarias-UPA lanza o proxecto Capacitación en Técnicas Agroecolóxicas, unha iniciativa que ofrecerá formación 100% gratuíta a máis de 1.000 persoas traballadoras do sector agrario para mellorar as súas competencias en produción sostible, agroecoloxía e economía circular.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo+ (FSE+) a través do Programa Empleaverde+ da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Formación gratuíta para un sector agrario máis sostible

A agroecoloxía é clave para garantir a sustentabilidade do sector primario, promovendo o uso eficiente dos recursos naturais, a rexeneración do soloe a redución do impacto ambiental da produción agrícola e gandeira.

O proxecto de capacitación en técnicas agroecolóxicas ten como obxectivo principal impulsar a transición cara a un modelo económico verde e sostible nas zonas de Transición Xusta de Meirama e As Pontes, gravemente afectadas polo peche das súas centrais térmicas. A iniciativa, enfocada na capacitación para a adquisición de técnicas agroecolóxicas innovadoras, busca formar e actualizar profesionalmente a quen traballa no sector primario mediante métodos sostibles e respectuosos co medio ambiente.

Esta formación permitirá fortalecer a competitividade e sustentabilidade do sector agrícola, gandeiro e apícola, promovendo á súa vez o emprego verde e o emprendemento local. Outra obxectivo clave é reducir as desigualdades de xénero, impulsando especialmente o empoderamento e participación activa das mulleres rurais. Así mesmo, o proxecto busca transferir coñecementos e tecnoloxías innovadoras ao ámbito laboral agrogandeiro e apícola, xerando un impacto positivo que facilite a diversificación económica e social nas comarcas afectadas. En definitiva, capacitación en técnicas agroecolóxicas preséntase como unha resposta integral e efectiva para revitalizar estas comunidades, asegurando un futuro próspero, equitativo e sostible tras o peche industrial.

Unha aposta polo futuro do medio rural

Este proxecto busca a través da formación gratuíta fortalecer a competitividade do sector agrario e xerar novas oportunidades laborais nun contexto de transición ecolóxica. Para iso, os participantes poderán acceder a:

-Cursos en liña e presenciais sen custo
-Asesoramento técnico gratuíto e personalizado
-Material formativo innovador de libre acceso
-Sesións prácticas con expertos en agroecoloxía e sustentabilidade

Con esta iniciativa, Unións Agrarias-UPA aposta por un modelo agropecuario máis sostible, rendible e inclusivo, asegurando que profesionais do sector conten con ferramentas para adaptarse aos desafíos do futuro sen barreiras económicas.

Más información e inscricións:
Unións Agrarias – UPA

www.unionsagrarias.org

dpto.medioambiente@unionsagrarias.org

981 530 500

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información