Unións Agrarias informa en Sarria aos gandeiros sobre os cambios na PAC e as axuda do KIT dixital

Unións Agrarias informa en Sarria aos gandeiros sobre os cambios na PAC e as axuda do KIT dixital

A organización Unións Agrarias reuniu no mediodía de onte en Sarria a mais de 250 produtores na Casa da Cultura da vila para informar sobre as novidades que presenta o novo ordenamento da PAC e tamén sobre as oportunidades que aporta as axudas vinculadas ao KIT Dixital de cara a modernización de equipos produtivos.

Na charla na que participaron Javier Iglesias, responsable de xestión de PAC e PDR de UUAA e Miguel Tomé, responsable da oficina de UUAA en Sarria, abordouse tamén o Real Decreto de Nutrición Sostible dos Solos Agrarias que está a xerar unha grande incerteza polas repercusións económicas que vai ter para as explotacións a renovación dos equipos para o tratamento do xurro.

Do mesmo xeito tamén se abordou a carga de traballo e de burocracia que o chamado SIEX (Sistema de Información de Explotacións Agrícola e Gandeiras) vai a traer para as granxas debido ao control rigoroso que os gandeiros van ter que levar do aprovisionamento e manexo do animais nas explotacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información