Unións Agrarias constata o aumento da entrada de leite de Portugal en Leche Celta e Inleit

cisterna portugal unions 1Unións Agrarias realizou na mañá de hoxe unha acción de protesta para verificar o incremento da entrada de leite de Portugal a baixo prezo nas industrias lácteas de Galicia, algo que denuncian que “están a empregar estas empresas para forzar unha baixada inaceptable do prezo do leite aos gandeiros galegos”.

En concreto, o piquete da organización agraria puido comprobar a entrada de numerosas cisternas procedentes de Portugal, país nos que o prezo medio está nestes momentos en 0,40 euros o litro, fronte aos 0,52 de España, tanto na planta de Leche Celta en Pontedeume como na de Inleit en Curtis.

“É normal que teña que entrar leite de fóra en España porque somos deficitarios en maís de 3 millóns de toneladas na produción de leite, pero o problema é que estas industrias lácteas están aproveitando esta situación para aumentar masivamente as importacións e forzar unha baixa dos prezos do leite en Galicia, co obxectivo de impoñernos o mesmo prezo ca en Portugal”, denuncia Óscar Pose, responsable do sector lácteo de Unións Agrarias.

Baixadas de Inleit y de Lence

De feito, hoxe coñecíase que Inleit aplicará unha baixa de 7 céntimos no prezo base dos próximos contratos e que o Grupo Lence (Leyma e Leche Río) tamén baixará o prezo base aos 0,40 euros, seguindo o camiño que abriu o grupo Lactalis.

Neste sentido, Óscar Pose cualifica de “enorme irresponsabilidade aplicar unha baixada desta magnitude por parte das industrias. Parece que o queren é destruír todo o que construímos nos últimos anos, e aínda por riba nun momento no que os custos de produción para os gandeiros se disparan ou se van disparar” pola guerra de Irán e os movementos especulativos.

O responsable de Unións Agrarias anuncia que nos próximos dias seguirán con esta campaña de control das importacións coas outras industrias lácteas que operan en Galicia. Por útimo, Óscar Pose bota en falta “unha actuación decidida por parte das administracións” para axudar aos produtores de leite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información