Unións Agrarias advirte dos danos aos gandeiros se a poxa de becerros de Silleda non volve celebrarse con normalidade

A organización agraria insta ás partes implicadas no conflicto a “actuar con cordura para poñer fin a un desencontro que non beneficia a ninguén”

Becerros silleda ESTANDAR Usuario da Central Agropecuaria de Galicia Abanca empregando a nova aplicación hoxe-1 (4)Unións Agrarias insta ás partes implicadas no conflito que está a darse no mercado de gando de Silleda a “actuar con cordura para poñer fin a un desencontro que non beneficia a ninguén”. A organización lamenta os problemas que están a darse na poxa semanal, especialmente na de becerros de recría e fai un chamamento para que “as partes implicadas cheguen a un punto de entendemento”.

“Non podemos permitir que se siga facendo dano aos intereses dos produtores debido á incapacidade dos implicados de chegar a acordos”, destaca a organización agrogandeira; que lembra que “a paralización da subasta dá lugar a unha complicada texitura que, en última instancia, provoca máis gastos e un aumento dos custos de produción para as explotacións”.

Unións Agrarias apela ao sentido da responsabilidade e esixe que “o diálogo entre a dirección da Central Agropecuaria de Galicia Abanca e os compradores que rexeitan a poxa dixital non demore máis”.

Neste sentido, advirte de que “se a situación non se reconduce nas vindeiras horas, esta semana pasará sen que a cita semanal dos martes poida celebrarse, un escenario totalmente indesexable ante o que Unións Agrarias se mantén expectante e insta aos implicados a limar asperezas e chegar a un punto de encontro que permita retomar canto antes a celebración da poxa”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información