Unións Agrarias-UPA lanza o proxecto Capacitación en Técnicas Agroecolóxicas, unha iniciativa que ofrecerá formación 100% gratuíta a máis de 1.000 persoas traballadoras do sector agrario para mellorar as súas competencias en produción sustentable, agroecoloxía e economía circular.
Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo+ (FSE+) a través do Programa Empleaverde+ da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Formación gratuíta para un sector agrario máis sustentable
A agroecoloxía é clave para garantir a sustentabilidade do sector primario, promovendo o uso eficiente dos recursos naturais, a rexeneración do solo e a redución do impacto ambiental da produción agrícola e gandeira.
O proxecto capacitación en técnicas agroecolóxicas ten como obxectivo principal impulsar a transición cara a un modelo económico verde e sustentable nas zonas de Transición Xusta de Meirama e As Pontes, gravemente afectadas o peche das súas centrais térmicas. A iniciativa, enfocada na capacitación para a adquisición de técnicas agroecolóxicas innovadoras, busca formar e actualizar profesionalmente a quen traballan no sector primario mediante métodos sustentables e respectuosos co medio ambiente.
Esta formación permitirá fortalecer a competitividade e sustentabilidade do sector agrícola, gandeiro e apícola, promovendo á súa vez o emprego verde e o emprendimiento local. Outro obxectivo clave é reducir as desigualdades de xénero, impulsando especialmente o empoderamiento e participación activa das mulleres rurais. Así mesmo, o proxecto busca transferir coñecementos e tecnoloxías innovadoras ao ámbito laboral agrogandeiro e apícola, xerando un impacto positivo que facilite a diversificación económica e social nas comarcas afectadas. En definitiva, capacitación en técnicas agroecolóxicas preséntase como unha resposta integral e efectiva para revitalizar estas comunidades, asegurando un futuro próspero, equitativo e sustentable tras o peche industrial.
Unha aposta polo futuro do medio rural
Este proxecto busca a través da formación gratuíta fortalecer a competitividade do sector agrario e xerar novas oportunidades laborais nun contexto de transición ecolóxica. Para iso, os participantes poderán acceder a:
- Cursos online e presenciais sen custo
- Asesoramento técnico gratuíto e personalizadro
- Material formativo innovador de libre acceso
- Sesións prácticas con expertos en agroecología e sustentabilidade
Con esta iniciativa, Unións Agrarias-UPA aposta por un modelo agropecuario máis sustentable, rendible e inclusivo, asegurando que profesionais do sector conten con ferramentas para adaptarse aos desafíos do futuro sen barreiras económicas.
Máis información e inscricións: www.unionsagrarias.org
Correo: dpto.medioambiente@unionsagrarias.org | Teléfono: 981 530 500