A Unión Europea podería prohibir as importacións de carne do Brasil a partir de setembro

rubias cruce con nelore brasil copiaO acordo comercial UE – Mercosur parece que empeza a confirmar os temores dos gandeiros europeos en forma de importacións masivas de carne a baixo prezo, arrastrando á baixa as cotizacións en Europa. E Bruxelas estaría disposta a tomar medidas.

Isto é o que conclúe un recente informe publicado polo banco agrícola holandés Rabobank, que prevé que “Brasil podería enfrontarse a unha prohibición total das exportacións de carne á UE a partir do 3 de setembro de 2026, a menos que demostre o cumprimento das normas da UE sobre resistencia aos antimicrobianos”.

Brasil é un provedor cárnico clave para a UE, xa que representa aproximadamente o 25% das importacións de carne de vacún e outro tanto das de carne de polo, a prezos notablemente inferiores ás producións europeas. De feito, en Marrocos a carne brasileira varreu ás exportacións de vacún procedentes de España e doutros países comunitarios, fundamentalmente polo seu baixo custo.

Evolución dos prezos da carne de vacún na UE: 

Captura de pantalla 2026-07-23 120841

Brasil é un país recentemente sinalado pola Comisión Europea nun informe de auditoría sobre os deficientes controis sanitarios aplicados á carne bovina destinada a exportación en relación ao uso de hormonas no cría de gando (prohibido na UE)

De confirmarse esta prohibición das importacións de carne do Brasil á Unión Europea a partir de setembro, Rabobank prevé unha recuperación dos prezos na UE. “A posible exclusión do Brasil do mercado cárnico da UE reduciría a oferta de carne de vacún e aves de curral na UE, elevaría os prezos, especialmente os da peituga de pito e os cortes de carne de vacún de primeira calidade, e obrigaría ao Brasil a redirixir as súas exportacións cara a mercados mundiais xa competitivos”, sinala en informe. Unha menor oferta de carne na UE que impulsaría os prezos á alza, especialmente nos segmentos de carne de vacún de alta gama.

Evolución das importacións de carne na  UE: 

Captura de pantalla 2026-07-23 120856

En todo caso, os expertos de Rabobank recoñecen que “a UE aumentaría o abastecemento de provedores alternativos –moi probablemente Arxentina, Uruguai e Australia para a carne de vacún, e Ucraína, Tailandia e China para as aves de curral–”, aínda que matizan que é “pouco probable que estas fontes compensen por completo os volumes que faltan procedentes do Brasil”.

Descarga aquí o informe completo de Rabobank

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información