A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Uniform-App, unha ferramenta útil para gandeiros e veterinarios

O software Uniform-Repro dispón dunha aplicación móbil que facilita a realización na granxa de consultas, rexistros ou o seguemento dunha lista de tarefas

Uniform-App, unha ferramenta útil para gandeiros e veterinarios

Gandería que pode acceder a Uniform-App como un usuario máis do programa do seu veterinario.

A tecnoloxía vaise implantando pouco a pouco no sector lácteo, cada vez hai máis aplicacións dispoñibles para ir abandonando paulatinamente o papel. Polo uso que se lle dá noutras facetas da nosa vida diaria, sabemos que a informática pode facilitarnos moito a vida, afórranos tempo e simplifica procesos. Aínda que a adaptación a ela pode crear certo respeto e resistencia, non hai nada que temer se se trata dunha ferramenta que está totalmente enfocada a axudar ao usuario e a resolver tarefas da forma máis eficiente posible.

Uniform-Repro
É o caso do programa UNIFORM-Repro, unha ferramenta de xestión de rabaños totalmente enfocada ao usuario, tanto gandeiro como veterinario. Uniform-Repro ten diversas ferramentas adicionais que permiten facilitar trámites ou o rexistro de determinados datos, como pode ser:

– Importar controis leiteiros e valores xenéticos na mesma ficha de cada vaca na que se consulta o rendemento reprodutivo e a saúde.

– Importar os axustes para saber que touro lle convén a cada vaca á hora de ir ao tanque a escoller a pajuela.

– Controlar o stock de tanque de seme e do botiquín de medicamentos.

– Ir xerando o libro de tratamentos, de forma totalmente automática en base ao rexistro diario do uso de medicamentos.

– Xerar as guías de movementos e o libro de movementos da explotación, totalmente válido para presentar nas Oficinas da Administración.

Estas funcionalidades adoitan ser máis útiles para gandarías que son usuarias de Uniform-Repro. No entanto, hai unha ferramenta que é igual de válida para gandeiros e veterinarios, esta é UNIFORM-App, a aplicación para móbil ou Tablet.

Como funciona Uniform-App nunha explotación

Apariencia da pantalla inicial de Uniform-App.

Apariencia da pantalla inicial de Uniform-App.

Uniform-App vai enlazada co programa de ordenador e pode estar instalada en varios móbiles ou tablets. Pode traballarse con ela con ou sen conexión a internet e, unha vez se ten conexión, sincronízanse todos os datos introducidos desde o móbil co computador.

Desta forma, podemos evitar estar a ir e vindo á oficina da explotación para consultar a historia dunha vaca ou para rexistrar eventos tan habituais como un parto, unha inseminación ou unha enfermidade. Tamén evitamos o risco de apuntalo nun papel que máis tarde pode extraviarse e perder o dato, alterando as análises da evolución da gandaría.

Con UNIFORM-App podemos consultar animais individualmente ou levar no peto listas de tarefas, como animais a secar ou a lista de traballo do veterinario. Tamén temos listas de atencións, para animais que estean próximos a celo, por exemplo.

Lembre que pode probar gratis Uniform-App cunha granxa de proba. Neste vídeo explicamos como facelo.

Ademais de todo isto, Uniform-App pode ser implantada en gandarías que sexan clientes dun usuario con licenza Vet ADVANCED de Uniform-Repro.

Uniform-App para veterinarios

Un usuario introducindo datos de xestación durante a visita do seu veterinario.

Un usuario introducindo datos de xestación durante a visita do seu veterinario.

Para os equipos veterinarios desenvolveuse un novo formato da Uniform-App que non só permite que varios membros do equipo leven as súas gandarías no móbil, senón que tamén poden instalarlle a aplicación móbil a gandeiros que teñan contratados os seus servizos. Desta forma, os gandeiros poden tamén consultar a información das súas vacas e ir rexistrando datos a diario.

Esta funcionalidade permite aforrar gran cantidade de tempo na visita periódica do veterinario, empregada xeralmente en organizar e rexistrar os datos. Se o gandeiro ten UNIFORM-App pódese empregar máis tempo en analizar a situación da gandaría e facer seguemento do seu rendemento.

En cada conta da App, é posible ter varios usuarios, que poden ser de perfil veterinario ou gandeiro. Dependerá de a cantas gandarías se lles dea acceso. En calquera caso, os gandeiros só teñen acceso aos datos dos seus respectivos rabaños. Unha vez instalada a aplicación no móbil ou tablet, establécese un horario co gandeiro para coordinar a sincronización. Así, por exemplo, pode coordinarse o envío dos datos sempre 1 día ou 2 días antes da visita veterinaria para control reprodutivo.

Sincronización de datos
Os datos que se envían desde as gandarías son sincronizados co computador central, onde está instalado Uniform-Repro en versión para veterinarios. Este computador pode estar na oficina, aceso 24 horas todos os días, ou pode ser o portátil do veterinario, sempre que se coordinen ben as horas de sincronización de datos.

Apariencia da ficha individual dunha vaca que está baleira. Nela figuran os acoplamentos que lle corresponden en base ó fixado no programa de ordenador.

Apariencia da ficha individual dunha vaca que está baleira. Nela figuran os acoplamentos que lle corresponden en base ó fixado no programa de ordenador.

Ao sincronizar, os gandeiros non só envían datos, tamén reciben os datos que fosen introducidos desde o computador, como son os resultados, protocolos e tarefas a realizar tras o control reprodutivo, a actualización do censo da explotación, os resultados de control leiteiro ou un touro novo para inseminar.

Módulo MFS Bureau
A sincronización de datos pode perfeccionarse aínda máis, non só entre gandeiros e veterinarios, senón tamén entre veterinarios dun mesmo equipo, mediante a adquisición dun módulo exclusivo para xestionar as gandarías de forma segura e automática.

Este módulo, denominado MFS Bureau Service, permite realizar copias de seguridade de forma automática, que son enviadas á nube ou a un servidor. Estas copias de seguridade están actualizadas grazas ao traballo diario do equipo e á sincronización desde a UNIFORM-App.

Ao abrir o seu programa, cada veterinario pode, mediante un clic, comprobar que ten a versión máis actualizada da explotación que quere analizar. Se non é así, o programa encárgase de restaurar a versión máis actualizada. Ademais, este módulo inclúe a posibilidade de comparar gandarías entre si nunha soa pantalla.

Se quere máis información sobre UNIFORM-App para gandaría ou para veterinarios, así como información máis detallada sobre MFS Bureau Service para veterinarios, pode contactar co noso equipo no email: ventas (arroba) uniform-agri.com ou chamando ao 695 45 67 35.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *