Unha explotación de vacún de leite é un negocio máis complexo de xestionar do que pode parecer, non consiste simplemente en darlle de comer ás vacas e en muxilas a diario. Aínda que estes dous aspectos son alicerces fundamentais para o bo funcionamento da explotación, hai moitísimos máis factores que se deben ter en conta para xestionar unha gandería de leite. Cada vez coñécense máis datos, xerados a diario, dun rabaño de vacas de leite. Todos ou case todos son tidos en conta para xestionar a explotación e tentar mellorar a rendibilidade e a sustentabilidade da gandería, crucial nestes días, tal e como está a situación do sector.
Para poder agrupar, entender e manexar todos os datos xerados, necesítase unha boa ferramenta. Unha sinxela axenda é un básico nunha explotación de leite, pero non chega para xestionar. Son necesarias ferramentas máis potentes, que, se non están presentes na explotación, os técnicos que acoden ás ganderías a diario lévanas consigo, a miúdo nun computador portátil. A informática foise introducindo aos poucos no sector e cada vez é máis habitual que haxa que manexar un programa informático para xestionar a saúde e a produtividade do rabaño.
O reto de implantar un programa informático novo na explotación esixe un apoio de calidade
Pero, coidado, adquirir un programa informático non significa ter que buscarse a vida constantemente para poder entender como funciona. Non hai por que desesperarse porque se recibiu pouca formación e xa non se lembra a metade das cousas, ou se está preguntando ao veterinario sobre como conseguir determinadas listaxes cando (aínda que probablemente saiba como conseguilas) non é a persoa á que debe acudir.
Todo isto non sucede se decide traballar con UNIFORM- Repro. Porque a filosofía de empresa de Uniform- Agri, desde os seus inicios hai máis de 30 anos, é dar un servizo de calidade ao cliente. Non deixalo abandonado á súa sorte ante o reto de implantar un programa informático novo na súa explotación.

Uniform-Agri ofrécelle asesoramento personalizado ós usuarios e organiza reunións periódicas por zonas.
Equipo de soporte
Ademais de levar a cabo a instalación e posta en marcha do programa, incluíndo sesións de formación suficientes e personalizadas, para poder mostrar todos os aspectos do programa que máis interesan a cada usuario, temos un equipo de soporte a completa disposición dos usuarios que asiste de forma inmediata, por teléfono e online.
Pódese contactar a este equipo sempre que se necesite axuda co programa. O servizo de soporte tamén inclúe as actualizacións de Uniform- Repro, que por norma hai polo menos unha ao ano para asegurar a continuidade do programa.
Este ano adicáronse parte das reunións con usuarios á importación dos datos de control leiteiro e ás conexións con programas de sala ou robots
O soporte a cliente tamén lle permite aos nosos usuarios ir profundando no uso do programa, aprender máis sobre as ferramentas de análises e mellorar así na xestión do seu rabaño. Como? Coas reunións de usuarios que se organizan cada ano.
Reunións 2019
Este ano 2019, as sesións para usuarios organizáronse entre xaneiro e marzo en Navarra, Cataluña, Asturias, Galicia, Madrid e Andalucía. Nelas reúnense a usuarios da zona para mostrar novidades e facer recomendacións para axilizar o uso diario do programa. Tamén para ensinar a interpretar en profundidade as análises que incorpora Uniform- Repro.
Este ano, por exemplo, dedicamos parte das sesións ás análises que se xeran ao importar os controis leiteiros mensuais ou coas conexións con programas de sala ou robots ( Uniform- Repro pode comunicar con todas as marcas), así como ás análises de xenética ou a xestión do libro de tratamentos e dos axustes desde Uniform- Repro e a súa aplicación móbil.
As xornadas están orientadas tanto a gandeiros como a técnicos e consultores e son moi aproveitadas polos asistentes, expondo cuestións que lles afectan e obtendo a visión e experiencia doutros usuarios.
Non hai por que ter respeto á implantación dun computador ou un programa informático novo na súa explotación, se ten un bo soporte, un bo servizo de asistencia ao usuario detrás. E niso, en Uniform- Agri somos expertos.