A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Unhas 500 persoas déronse cita na gandería SAT As Pandas nunha xornada organizada por Lely

LELY AS PANDAS 25 6Unhas 500 persoas déronse cita este xoves nunha xornada de portas abertas na gandaría SAT As Pandas, no concello lugués de Vilalba. A xornada estivo organizada por Lely, coa colaboración de Rio de Galicia, Maxideza, Allflex, Coren, Dekalb, Bayer e Xenética Fontao.

Os asistentes puideron disfrutar dunha xornada festiva e de intercambio de información na que puideron observar 4 robots de muxido Lely Astronaut A5 en funcionamento nunha das ganderías da Península Ibérica que logra mellores resultados produtivos.

“Foi unha xornada festiva na que os asistentes puideron ver como traballa unha das melloras granxas da Península Ibérica en robot de muxido, cunha media de 3,8 muxidos e 49,5 kilos por vaca e día no día de hoxe. Puideron ver o día a día dunha granxa de 4 robots, que leva con este sistema dende que se creou no 2011”, destaca Juan Alonso, responsable de márketing de Lely en Galicia. 

“Ademais dos robots de muxido Lely A 5, tamén puideron ver como traballa o Lely Collector e os arrimadores de comida, que nesta ocasión tamén traballou como camareiro”, engadiu.

LELY AS PANDAS 25 1 LELY AS PANDAS 25 2 LELY AS PANDAS 25 3 LELY AS PANDAS 25 4 LELY AS PANDAS 25 7 LELY AS PANDAS 25 8

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *