A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Unhas 300 persoas déronse cita na gandería Casa da Corte nunha xornada organizada por Lely

xornada lely casa da corte dumbria 7Unhas 300 persoas déronse cita este xoves nunha xornada de portas abertas na gandaría Casa da Corte, no municipio coruñés de Dumbría, e máis concretamente na parroquia de Olveira.

A xornada estivo organizada por Lely, coa colaboración de Global Genetics, Piensos Norgasa, Arquitectura e Enxeñaría Rodríguez, Capelo, SL (concesionario Deutz), Cardelle Hidráulica e Allflex (SenseHub).

Os asistentes puideron disfrutar dunha xornada festiva e de intercambio de información na que puideron observar 3 robots de muxido Lely Astronaut A5 que teñen en funcionamento nun único grupo de vacas, de 153 animais en produción.

“Foi unha xornada festiva, con moitos gandeiros, a maior parte deles procedentes da provincia da Couña, pero tamén de Lugo e de Asturias, na que puidemos compartir opinións, intercambiar información e creo que todos nos levamos unha experiencia moi positiva desta granxa cuxa principal peculiaridade é que ten 3 robots de muxido para o mesmo lote”, destaca Juan Alonso, responsable de márketing de Lely en Galicia. 

“A nosa intención é seguir o vindeiro ano con estas xornadas de portas abertas en granxas xa que a valoración é moi positiva. E por suposto, agradecer a colaboración de todas as empresas, sen as que este resultado non sería posible”, engade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *