Na web de CONAFE e en SINBAD, xa están dispoñibles as valoracións nacionais de vacún leiteiro de raza frisoa, tanto xenómicas como tradicionais, así como as probas internacionais MACE e G-MACE de decembro 2025, que se poden consultar no buscador de touros e aqueles touros debidamente rexistrados en CONAFE a través de SINBAD.
Dentro das clasificacións de 1000 mellores vacas de España por ICO, o posto número 1 corresponde a ROCHA 1807 ET TL TV TD TR, unha vaca nada no ano 2022, propiedade de Granxa Rocha SL, no municipio coruñés de Monfero, e que logra 1283 puntos.

Tamén se actualizaron os valores no programa de axustes CONAFEMAT, polo que a partir de hoxe o servizo de axustes de CONAFE xa traballa con estas probas actualizadas.
Como novidade, CONAFE, en colaboración con INIA, NEIKER, e o Instituto ROSLIN (Reino Unido) implementou un novo modelo de avaliación xenética de metano. Este cambio busca transformar o metano, un subproducto dixestivo dos ruminantes que representa unha perda enerxética do 10-12% e é un potente gas de efecto invernadoiro, nunha oportunidade para mellorar a eficiencia.
As novas probas xenéticas están dispoñibles para a súa consulta en www.conafe.com
Novo Modelo de Avaliación de Metano
A principal novidade é un enfoque pioneiro que combina a medición directa da concentración de metano (ppm) na granxa cun modelo matemático innovador. Este modelo permite converter a concentración en produción diaria de metano (gramos/día) de forma independente da produción de leite individual da vaca. Este método utiliza a concentración de dióxido de carbono (CO2) como trazador. Baséase na distribución teórica do CO2 dentro dun grupo de comparación para estandarizar as medicións. Finalmente, os valores xenéticos resultantes avalíanse e publican utilizando o método Single Step GBLUP (SSTPGBLUP).
A escala de publicación está definida de maneira que os valores superiores a 100 indican un potencial xenético para emitir menos metano que a base de referencia (vacas nadas hai 10 anos).
Hai que lembrar que os resultados das avaliacións xenéticas non son comparables a avaliacións previas.
Pruebas combinadas CONAFE-MACE
1.000 Mejores Toros Probados MACE
1.000 Mejores Toros Genómicos MACE
Evaluaciones Genéticas Nacionales: Catálogo de Sementales
200 Mejores Toros del Catálogo
100 Mejores Toros Genómicos Españoles
100 Mejores Toros Probados por IM€T Leche
100 Mejores Toros Probados por IM€T Queso
100 Mejores Toros Probados por IM€T Pastoreo
100 Mejores Toros Probados por IM€T Ecológico
100 Mejores Toros Genómicos Españoles por IM€T Leche
100 Mejores Toros Genómicos Españoles por IM€T Queso
100 Mejores Toros Genómicos Españoles por IM€T Pastoreo
100 Mejores Toros Genómicos Españoles por IM€T Ecológico
Evaluaciones Genéticas Nacionales: Catálogo de Hembras
100 Mejores Vacas por Kg. Leche
100 Mejores Vacas por Kg. Grasa
100 Mejores Vacas por Kg. Proteína
100 Mejores Vacas por IM€T Leche / IM€T Queso / IM€T Pasto / IM€T Eco
1.000 Mejores Novillas Genómicas por ICO
1.000 Mejores Novillas Genómicas por IGT
100 Mejores Novillas Genómicas por IM€T Leche / IM€T Queso / IM€T Pasto / IM€T Eco
Galego









Control OJD