Chega o verán e a calor e tamén comezan a proliferar as moscas e outros parasitos que prexudican o benestar e o rendemento do gando. Gav-Allfeed REPLYN é unha solución rápida, efectiva e cómoda a estes problemas: Un bloque mineral que inclúe aceites esenciais de orixe natural e que ao ser lambido polo gando protéxeo contra a infestación tanto de parasitos externos (moscas, tabáns, carrachas, pulgas, sarna, piollos…etc.) como internos (hipoderma bovis, parasitos intestinais, pulmonares ou hepáticos).
Ademais, diminúe o grao de infestación de coccidia e de criptosporidia. Gav-Allfeed Replyn está deseñado e fabricado en España pola empresa Gav-Allfeed.
Os resultados no gando son visibles a partir dos 15-30 días, dependendo do grao de infestación. O bloque véndese en formato de 10 quilos e pódese utilizar tanto para gando estabulado como en pastoreo. O consumo do bloque depende do grao de infestación xeneralizado do rabaño, aínda que tende a ser maior nos primeiros días e vaise reducindo ata estabilizarse a medida que remiten os parasitos.
A clave de Gav-Allfeed Replyn está, ademais de nos complementos minerais para o gando que incorporan estas pedras, nos aceites esenciais e principios activos que leva o bloque.
Ademais, inclúe na formulación Gav-Allfeed Turbobronchial, un protector do fígado e estimulador da actividade dos aceites esenciais. Desta forma, o bloque ten tamén un efecto protector de mucosas, expectorante e diurético. O seu efecto mucolítico e bronquiodilatador faino efectivo para o control de parasitos pulmonares. Potencia os aceites esenciais presentes no bloque.
Gav-Allfeed Turbobroncial tamén é un potente inmunomodulador e inmunoestimulador, que fai que o animal desenvolva defensas propias fronte á infestación de parásitos, tanto internos como externos. É ademais un regulador efectivo da función insulínica do páncreas.
Por último, estes bloques estimulan a función do fígado e do páncreas do animal. Tamén achega un forte efecto antifebril.
O uso continuado de Gav-Allfeed Replyn leva a un cambio moi visible no comportamento dos animais, cunha acción calmante e relaxante, mellorando o aspecto sanitario, o brillo da pel, pelo e/ou la.
Modo de emprego
Os bloques débense repartir polo establo ou polo pasto -algúns gandeiros cólganos dos bebedoiros- para que estean a libre disposición para que o gando os poida lamber.
En vacún extensivo aconséllase fornecer un bloque por cada 5 ou 6 vacas presentes, para evitar a competencia polos bloques entre elas. En ovino extensivo aconséllase fornecer un bloque por cada 10 ou 12 ovellas presentes.
Testemuños: José Manuel Santín Caloto, gandeiro de Baralla (Lugo): “As vacas están máis tranquilas no muxido”
José Manuel Santín Caloto é un gandeiro de Baralla (Lugo) cunhas 80 vacas de leite en pastoreo. Empezou a utilizar as pedras de Gav-Allfeed Replyn fai tres meses e os resultados son positivos.
“Nas moscas onde máis se nota é no muxido, porque as vacas están moito máis tranquilas ao non ser picadas polas moscas. Ademais, hai moita menos afectación da mosca dos cornos, que provoca feridas no ubre e na parte baixa da barriga. Tampouco ves moscas nos ollos das vacas, onde no verán lles poden provocar incluso algunha infección”, explica.
En canto ás carrachas, destaca que “desapareceron por completo, e non ves ningunha nos animais”. Os bloques colócaos nun soporte nas cisternas de auga.
José Manuel Santín Caloto recoñece que ao principio o consumo dos bloques foi maior do esperado. “Ao comezo o consumo foi esaxerado, pero xa levan un par de meses e reducírono, agora é un consumo normal”, asegura.
En canto á distribución, este gandeiro coloca un bloque para 30 vacas secas e xovencas preñadas, que lle dura 10 días, e nas vacas en muxido, unhas 50, coloca unha pedra á semana.
Globalmente maniféstase satisfeito co resultado xa que “o prezo é parecido aos bloques de minerais que utilizaba antes e os resultados son máis efectivos”.
Martín Regoa Baamonde, gandeiro de Mañón (A Coruña): “É moito máis cómodo que o antiparasitario de liña dorsal”
Martín Rego Baamonde é un gandeiro do concello de Mañón, na provincia da Coruña, que se está pasando da gandaría de leite a carne. Conta na actualidade con 18 vacas en muxido e 14 de carne, da raza Angus. Todo o rabaño está en pastoreo día e noite case todo o ano.
Asegura que “empecei a utilizar Gav-Allfeed Replyn fai tres semanas, comprei 5 bloques por probar” e afirma que os resultados están a ser moi positivos. “Aos 5 días as vacas estaban sen moscas e tamén están limpas de carrachas”, destaca.
Outra vantaxe que lle ve a este produto é a súa comodidade á hora de aplicalo: “Co método tradicional de botar o líquido antiparasitario pola liña dorsal tiña que meter aos animais na manga de manexo, pero con estes bloques déixalos no pasto e esquéceste”, asegura.
Onde comprar Gav-Allfeed Replyn?
O representante de Gav-Allfeed Replyn en Galicia é:
-José Taboada, tamén gandeiro. O seu teléfono de contacto é o 620 856 301