Unha gandería de Barreiros, en Lugo, lidera o ránking en España dos mellores criadores de raza frisoa

mejores criadores CF copiaCONAFE acaba de publicar a relación das 100 ganderías criadoras de raza Frisoa coa media de cualificación final máis alta, liderado nesta ocasión pola gandería Mantoño Holstein, de Barreiros (Lugo).

Para configurar este ránking consideráronse os datos de cualificación de todas as vacas vivas ao 31 de decembro de 2025, excepto no caso das ganderías de Cataluña para as que a data de referencia é o 28 de febreiro de 2026 debido ao atraso na rolda de cualificación nesta Comunidade Autónoma pola incidencia da Dermatose Nodular Contaxiosa.

Esta clasificación obtívose da media dos puntos das reprodutoras co mesmo prefixo gandeiro cualificadas na explotación de orixe ou na de destino, no caso de que fosen transferidas.

Consideráronse as ganderías de 17 reprodutoras ou máis, con polo menos o 85% das vacas de 36 meses cualificadas, cunha porcentaxe inferior ao 5% de RAA (Rexistro Auxiliar A) sobre o censo de reprodutoras e un mínimo de 10 animais nados e cualificados na gandería. As cualificacións utilizadas son as mellores de cada animal.

Maquetación 1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información