A Confederación Nacional de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) acaba de publicar a listaxe das 100 mellores ganderías criadoras por Produción Vitalicia, que nesta ocasión está encabezada por unha granxa do Corgo (Lugo): A Nave SC.
Na listaxe inclúense as 100 mellores ganderías considerando as producións por día de vida dos animais que finalizaron a súa vida produtiva nos dous últimos anos. Así, a produción vitalicia media calcúlase baseándose nos quilos de leite producidos por día de vida dos animais que finalizaron a súa vida produtiva. Os datos dos mellores criadores de 2025 mostran medias de produción vitalicia superiores aos 24-26 kg de leite por día de vida entre as ganderías salientables:

A columna “Total de animais de baixa” inclúe todos os animais mortos do período estudado. Nas columnas “Censo” e “Reprodutoras” aparecen os animais presentes na granxa ao 31 de decembro de 2025.
Para aparecer nesta clasificación débense cumprir, ademais, os seguintes requisitos:
-O rabaño debe ter un mínimo de 17 reprodutoras e estar ao corrente das súas obrigacións económicas con CONAFE.
-Esíxese un mínimo do 75% de animais valorados (con ICO), sobre reprodutoras rexistradas de máis de 36 meses, co fin de obter rabaños representativos.
-Considéranse animais con ICO, aquelas femias vivas que dispoñan dun ICO obtido a partir da súa información propia válida para a avaliación xenética correspondente, tanto de produción como de cualificación, no momento do cálculo.
-Non serán consideradas, nin publicadas, as ganderías con máis dun 5% de reprodutoras no Rexistro Auxiliar categoría A sen genotipar, sobre o total do censo de reprodutoras.
-A referencia de reprodutoras en granxa serán as existentes a data de publicación a súa respectiva avaliación.
Galego









Control OJD