Unha forte ventada tumba 40 hectáreas de millo no concello lugués de Alfoz

Así quedou o millo tras a ventada. Foto: Cedida

Así quedou o millo tras a ventada. Foto: Cedida

Unha forte ventada rexistrada onte á tarde deitou unhas 40 hectáreas de millo no concello lucense de Alfoz.

As fincas pertencen á gandería Casa Barbeiro SL., con dúas granxas na Mariña, unha en Alfoz e outra en Ribadeo. “Foi como un tornado moi localizado, con fortes ventos acompañados de choiva. Tras un ano pasado marcado pola seca, a campaña deste ano prevíase boa, e o millo estaba moi bonito, pero nas fincas que temos no val o millo quedou tumbado, e a maior parte non creo que se recupere”, comenta Juanjo Fraga, administrador de Casa Barbeiro SL. , quen xa deu parte ao seguro. “Nunca acordo unha treboada así nesta zona nesta época. É certo que hai uns dez anos pasara algo parecido pero no mes de setembro, cando o millo xa estaba coa mazaroca”, engade.

Os danos das treboadas de onte á tarde na Mariña parece que se localizaron en Alfoz e o Valadouro. Para esta tarde tamén se prevén treboadas, polo que existe preocupación entre os produtores polos posibles danos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información