Unha firma galega comercializa a primeira potaxe vegana de garavanzos

A startup Calabizo, fundada en Nigrán, conseguiu posicionar os seus produtos en máis de 1.000 puntos de España e Europa. Xunto coa potaxe tamén crearon o primeiro chourizo de cabaza 100 vexetal

Publicidade
Unha firma galega comercializa a primeira potaxe vegana de garavanzos

Calabizo fundárono hai 5 anos tres emprendedoras en Nigrán (Pontevedra).

A empresa galega Calabizo, fundada hai 5 anos en Nigrán (Pontevedra) por tres emprendedoras convertiuse na primeira firma en comercializar unha potaxe vegana de garavanzos. A receita, que se comercializa lista para comer, está elaborada con calabizo, un chourizo de cabaza 100% vexetal e que foi o primeiro produto que comercializaron.

A potaxe leva ademais dos garavanzos e o calabizo, espinacas, cebola, cenoria, pemento, tomate, allo, aceite de oliva virxe extra e sal. “Esta variedade de vexetais dannos unha idea da gran calidade nutricional deste prato, que ademais posúe un baixo aporte calórico, o que o converte nunha boa opción para quen garde unha dieta hipocalórica, cun 88 calorías por cada 100 gramos de potaxe. Grazas á incorporación do calabizo é unha opción moi recomendable para as persoas que deben vixiar o colesterol”, indica Edurne Sendra, CEO da empresa. “Conseguimos unha potaxe moi saborosa utilizando só materias de procedencia vexetal, pero o noso calabizo é o que dá personalidade a este prato”, valora.

POTAJE-DE-GARBANZOS-CON-CALABIZO---2-FORMATOS---440ml-y-720-ml

Xunto con Edurne, Sofía e Keila son a alma de Calabizo, unha empresa orientada á creación de produtos gastronómicos innovadores que segue un principio férreo: tódolos seus produtos están elaborados con ingredientes españois de procedencia vexetal, sen ningún aditivo nin conservante. A startup conseguiu xa posicionar os seus produtos en máis de 1.000 puntos de venda en España e en países europeos coma Finlandia, Alemaña, Reino Unido e Portugal.

Ademais, a empresa logrou numerosos recoñecementos, entre eles o premio á startup máis innovadora, outorgado polo Basque Culinary Center. Ó mesmo tempo o seu calabizo, o chourizo elaborado con cabaza, obtivo o premio ó produto innovador do ano no 2016.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información