A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Unha estratexia para protexer o cultivo do millo desde a xerminación

Sipcam Iberia ofrece solucións innovadoras para evitar o impacto das principais pragas de solo, como a rosquilla. Para o control de malas herbas, aposta por un herbicida que se demostrou eficaz contra xuncia e outras infestantes

Unha estratexia para protexer o cultivo do millo desde a xerminación

Coa chegada da primavera e o aumento das choivas estacionais, os gandeiros galegos prepáranse para unha nova campaña de millo. As condicións climáticas desta época favorecen a nascencia do cultivo, pero tamén a aparición de malas herbas e a proliferación de pragas que poden comprometer o rendemento das colleitas. Fronte esta situación, SIPCAM IBERIA presenta unha estratexia integral baseada en solucións innovadoras e eficaces para protexer o cultivo do millo dende o momento da sementeira.

Protección desde o principio fronte ás pragas
A sementeira é o punto de inicio dunha campaña, que pode resultar un éxito ou un fracaso, segundo os produtos aplicados desde este momento no cultivo. Para lograr a maior rendibilidade, a Product Manager Lorena Toribio recomenda o uso de Trika Lambda 1: “Esta ferramenta ofrece un triplo beneficio. O seu efecto starter estimula o desenvolvemento inicial das plantas, mentres que a súa composición garante unha protección eficaz fronte ás principais pragas do solo, á vez que bioestimula o crecemento do cultivo”.

Algunhas das pragas que máis preocupan aos profesionais agrícolas galegos son “a Phorbia Platura (mosca da sementeira), Agriotis (rosquilla) e Agriotes (verme do arame)”, analiza o delegado da zona, Marcos Expósito.

Fronte a pragas de solo como a rosquilla ou a mosca da sementeira, o insecticida Trika Lambda 1 ofrece protección desde as primeiras fases do cultivo, preservando as raíces e garantindo un crecemento saudable

“Son pragas que adoitan atacar ás plántulas recén emerxidas, afectando á produción e atrasando o desenvolvemento do cultivo”, comenta. Por iso, Trika Lambda 1 posiciónase como “unha ferramenta imprescindible dende o principio da campaña, xa que protexe as raíces e garante un crecemento homoxéneo e saudable dende as primeiras fases do millo”, asegura.

“Ademais, constatouse en campo que posúe un bo control de Phorbia (mosca da sementeira) en condicións idóneas”, engade Marcos Expósito.

Control eficaz das malas herbas máis frecuentes

O aumento de precipitacións características da primavera fomenta a aparición de malas herbas que compiten co millo por recursos esenciais como a auga, os nutrintes e a luz solar. Para frear a súa propagación, a experta do cultivo Patricia de Blas recomenda empregar o herbicida Iseran: “Pódese aplicar tanto en pre-emerxencia como en post-emerxencia do cultivo; unha vantaxe competitiva fronte a outras solucións do mercado, o que lle outorga unha gran flexibilidade aos agricultores e que, ademais, non ten restricións de uso” afirma.

O herbicida Iseran ofrece gran flexibilidade, pois pódese aplicar tanto en pre-emerxencia como en post-emerxencia do cultivo

Iseran actúa sobre as malas herbas de folla ancha e estreita, incluídas as que presentan maiores dificultades no manexo do millo en Galicia. Entre estas, destaca a Cyperus Rotundus (Xuncia), unha das especies máis problemáticas nos campos galegos. “Trátase dun dos poucos herbicidas que ofrecen unha alta eficacia contra esta herba invasora”, expón o Product Manager da compañía Pepe Martínez.

Tal e como se observa no ensaio realizado en Trazo (A Coruña) no 2023, “Iseran logra un control moi satisfactorio ao aplicar 1 litro por hectárea”, declara Patricia de Blas. “Ademais, controla outras malas herbas frecuentes nesta época, como Digitaria sanguinalis (millá), Echinochloa Crus-Gali (pata de Galo) e Chenopodium album (fariñento), entre outras moitas”, engade.

Control de malas herbas en millo con Iseran.

Control de malas herbas en millo con Iseran.

Compromiso de SIPCAM Iberia co sector agrícola galego

SIPCAM Iberia demostra así a súa continúa aposta por ferramentas eficaces que se adapten ás necesidades dos profesionais agrícolas galegos. Con Trika Lambda 1 e Iseran, a compañía de sanidade vexetal corrobora a afirmación dos seus Product Managers Lorena Toribio e Pepe Martínez: “A nosa estratexia protexe ao millo dende a xerminación, optimizando a produtividade e garantindo un manexo eficiente das pragas e malas herbas.” Ante unha primavera que se anticipa chuviosa, contar con estas solucións será clave para unha campaña exitosa no cultivo do millo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *