Unha aproximación á champaña máis exclusiva o vindeiro martes en Oleiros

Publicidade

O vindeiro martes, 8 de novembro, no castelo de Santa Cruz (Oleiros-A Coruña) impartirase unha masterclass sobre os viños de Champagne.

O evento está organizado por Paadín Eventos & Jordi Melendo e durante o mesmo degustaranse Champagnes de 13 municipios diferentes con categoría de Grand Cru, Premieur Cru e Cru.

O éxito da convocatoria foi tal que as 30 prazas esgotáronse en 2 horas e unha hora despois xa había unha lista de espera de máis de 30 prazas.

Os participantes realizarán unha viaxe pola rexión de Champagne dunha maneira diferente, a través dos seus viños veranse as 12+1 “Maisons e Vignerons” de Champagne:

Abelé 1757 – Alexandre Penet – Aspasie – Colette Bonnet – Drappier – J. Charpentier – Lallier – Lanson – Louis Dousset – Philippe Gonet – Pierre Mignon – Remi Henry – Thiénot.

Os Champagnes acompañaranse con harmonías de bocados con Mexillón de Galicia en 6 elaboracións, grazas á colaboración do hef Miguel Mosteiro – GatroLab e OPMEGA (Organización De Produtores Do Mexillon De Galicia).

A master class estará impartida por:

-Alejandro Paadín, que se encargará das subrexións Montagne de Reims – Vallée da Marne – Côte deas Blancs – Côte deas Bar.
-Jordi Melendo , los Cépajes: Chardonnay – Pinot Noir – Pinot Maunier – Arbane – Petit Meslier e Pinot Blanc.
-Luís Paadín, Mellésimes : 2017 – 2014 – 2012 – 2011 – 2009.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información