Un viño do Ribeiro recibe en Francia o premio especial ao mellor branco a nivel internacional

Publicidade
Un viño do Ribeiro recibe en Francia o premio especial ao mellor branco a nivel internacional

Un viño do D.O. Ribeiro, Ramón do Casar Nobre 20, acaba de recibir en Bordeus (Francia) o Premio Especial Viño Branco no concurso internacional Challenge du Vin.

Este certame, con máis de 45 anos de experiencia, é o concurso internacional de viños e augardentes máis antigo organizado en Francia e esta edición reuniu a 530 catadores para analizar un total de 3.179 mostras. Esta competición, cun enfoque aberto e fiel á súa misión de revelar talentos concedeu 970 medallas, das cales 667 foron de ouro e 303 de prata entre os 26 países produtores participantes.

Deste xeito, a D.O. Ribeiro salda a súa participación con sete medallas de ouro outorgadas aos viños Ramón do Casar Nobre 20 (Premio Especial Viño Branco), Ama Vida 21, Laudes 20, Pazo Tizón Finca Liñariños 20, Ramón do Casar 20, Ramón do Casar Godello 20, Tear dos Dodi 20 e dúas medallas de prata para Pazo Tizón branco 20 e Pazo Tizón tinto 20.

Tamén logran medallas de ouro tres viños das Denominacións de Orixe Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei e dous galardóns recaen en Rías Baixas.

Esta é a vista de viños galegos premiados no Challenge du Vin 2022:

Premiados da D.O. Ribeiro:

MEDALLA DE ORO
Ramón do Casar Nobre 2020 de Ramón do Casar– Premio Especial Vino Blanco
Ama Vida 2021 de Bodega Alanís
Laudes 2020 de Lázaro Moreno Sotelo
Pazo Tizón Finca Liñariños 2020 de Pazo Tizón
Ramón do Casar 2020 de Adega Ramón do Casar
Ramón do Casar Godello 2020 de Adega Ramón do Casar
Tear dos Dodi 2020 de Diego Doniz Diéguez

MEDALLA DE PLATA
Pazo Tizón blanco 2020 de Pazo Tizón
Pazo Tizón tinto 2020 de Pazo Tizón

Premiados da D.O. Valdeorras.

MEDALLA DE ORO:
MIL RÍOS GODELLO BARRICA 2017. Adega Terriña

Premiados de D.O. Ribeira Sacra

MEDALLA DE ORO:
Reitoral de Amandi 2021

Premiados da D.O. Monterrei:

MEDALLA DE ORO:
Abeledos Godello 2021. Bodega Abeledos.

Premiados da D.O. Rías Baixas

MEDALLA DE ORO:
-Lola by Paco & Lola Albariño Brut 2017.

-Valtea B.N. Cuvee Especial. Adegas Vilarvin SL.

Consulta aquí os resultados completos

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información