Un total de 597 explotacións agrarias reciben axudas do PEL da Deputación da Coruña

A través destas subvencións puidéronse crear novos empregos, pagar as cotas de autónomos ou investir en tecnoloxía que mellora a eficiencia das súas instalación

Un total de 597 explotacións agrarias reciben axudas do PEL da Deputación da Coruña

O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña beneficiou a un total de 597 explotacións agrícolas e gandeiras da provincia; unas axudas que serviron para crear novos empregos, modernizar as súas instalacións ou pagar as cotas de autónomos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, realizou unha visita á granxa de vacún Gandería Quintano de Vilasantar, acompañado de Juan Antonio Astray e Ana Sánchez, propietarios desta explotación familia. Durante o encontro mostráronlle as instalacións e as labores que nelas se realizan e conversaron sobre a situación actual e os retos de futuro do sector.

A granxa conta con 60 vacas e está continuamente ampliando e mellorando as súas instalacións, nas que con axudas do PEL da Deputación os propietarios realizaron unha importante aposta en tecnoloxía e innovación. Así, disponen de sistemas de control tecnolóxico individualizado dos animais que permiten coñecer e monitorizar o seu estado de saúde e detectar de forma precoz calquera enfermidade, así como animais que están en celo, o que conleva un maior benestar animal e un importante aforro na explotación, tanto en medicamentos como na mellora da fertilidade dos animais.

Entre estes sistemas de automatización destaca tamén un robot arrimador de comida, adquirido cunha axuda de 17.500 euros do PEL 2025, que se despraza de forma autónoma pola granxa encargándose do suministro automático de alimento ao gando e de manter limpos os pasillos de alimentación, aforrrando centos de horas anuais de traballo que antes se facía de xeito manual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información