Un total de 164 produtores galegos reciben dereitos da Reserva Nacional de Pago Básico da PAC

Agricultura asigna en toda España fondos a 3.272 agricultores, dos que uns 2.800 son agricultores mozos

Un total de 164 produtores galegos reciben dereitos da Reserva Nacional de Pago Básico da PAC

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) emitiu unha resolución complementaria de asignación da Reserva Nacional do Réxime de Pago Básico da PAC. Esta decisión, que distribúe unha partida de 4,7 millóns de euros, completa o reparto realizado a inicios de ano, de forma que en total 3.272 produtores beneficiáronse da distribución de dereitos.

Do total de produtores, 164 son de Galicia, cun total de 2.445 hectáreas e 470.100 euros asignados.

Os dereitos de pago básico é unha das medidas establecidas no primeiro pilar da PAC para apoiar o inicio de actividades agrícolas, por iso é polo que a maioría dos beneficiarios son novos -uns 2.800 en España-, que deben reunir determinadas condicións básicas de instalación e formación establecidas na normativa.

A asignación media por beneficiario na campaña 2020 alcanza os 5.252,45 euros.

Este é o reparto final dos dereitos:

taboa reserva

Evolución da última década
Estes datos confirman a tendencia de crecemento da asignación de dereitos da Reserva Nacional de Pago Básico para novos agricultores no período 2015-2020 con respecto ao anterior marco da PAC (2007-2014), e consolídana como unha ferramenta fundamental para o apoio á renda e favorecer a incorporación de novos agricultores.

Así, no período 2015-2020 asignáronse dereitos de pago básico a case 22.100 agricultores, por un importe que se achega aos 107,2 millóns de euros. Neste período recibiron estas axudas unha media de 3.833 mozos anualmente, fronte aos 1.050 no marco 2007-1014. As cantidades asignadas pasaron de 5 millóns de euros por campaña no período previo a 18 millóns de euros no actual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información