Un sistema de silvopastoreo con cabalos en montes da Costa da Morte recibe o primeiro premio Rafael Crecente 2024

Acto de entrega dos premios Rafael Crecente. Foto: Cedida

Acto de entrega dos premios Rafael Crecente. Foto: Cedida

Este luns celebrouse o acto de entrega do VII Premio Rafael Crecente de Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial que convoca o Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da Universidade de Santiago de Compostela para impulsar a aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservacion do medio e a mellora da xestion territorial.

O primeiro premio outorgouse a Alejandro Álvarez Fernández polo establecemento dun sistema silvopastoral no monte público de Rascalobos, na Serra de Pena Forcada, entre os concellos de Laxe e Vimianzo, coa introdución de cabalos que pacen os terreos contribuíndo á prevención de incendios e amosando os usos múltiples do monte.

Lucía Gómez Taboada, cun proxecto de avaliación do comportamento do lume potencial en rodais de piñeiros, e Fernando Cabana Porto, cun estudo xenómico de poboacións naturais de Arnica montana L., obtiveron o segundo primeiro e un accesit, respectivamente.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, parabenizou as persoas premiadas, valorando “o seu esforzo innovador e dedicación para transformar este país con ideas e proxectos intímamente achegados ás persoas e ao territorio rural” e destacou a oportunidade que estes premios supoñen “para impulsar e dar visibilidade a estas iniciativas epara recoñecer o legado investigador e docente de Rafael Crecente”.

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo forma parte da Xunta de Goberno do padroado do IBADER, un instituto universitario de investigación científico-técnica que centra a súa actividade no medio rural, con dúas grandes liñas de traballo: Ambiental (Biodiversidade, Planificación e Ordenación do Territorio, Desenvolvemento Rural, Economía Sustentable, Sistemas de Información Xeográfica, Observación Remota) e Agrosistemas (Alimentos, Recursos Agrícolas, Gandeiros e Forestais, Solos, Auga, Residuos).

O premio “Rafael Crecente a Iniciativas innovadoras de Xestión Territorial” é convocado anualmente, desde o 2017, polo IBADER coa colaboración do grupo investigador Laboratorio do Territorio, como homenaxe ao labor do profesor Rafael Crecente Maseda (1964, 2015) considerado un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información