Un pequeno escaravello africano, novo inimigo das abellas

O pequeno escaravello das colmeas, Aethina tumida Murray,  é oriúndo de África e xa chegou a Europa. Artigo de AntonioG. Pajuelo, presentado no III Foro Apícola de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Apicultura.

Un pequeno escaravello africano, novo inimigo das abellas

Exemplar de Aethina tumida Murray

Aethina tumida é un pequeno escaravello oriúndo da África Subsahariana, onde ocupa o nicho ecolóxico das nosas polillas da cera, como preeiro das colmeas débiles.

Ao igual que outras moitas pragas, expandiuse. En África foi detectándose noutros países, como Exipto no 2000. En América do Norte, EUA, foi detectado no 1998, de onde pasou pola fronteira Norte a Canadá no 2002, e pola fronteira Sur a México no 2007. No 2014 foi detectado en Nicaragua. En Australia apareceu no 2002.

Na UE hai unha prohibición de importación de material vivo de colmeas de países con este escaravello dende 2003. En verán do 2004 houbo unha alarma en Portugal ao detectarse dúas larvas nun envío de raíñas dun criadeiro de Texas. Destruíronse as colmeas e desinfectouse o chan arredor nelas, e revisáronse os envíos dese criadeiro a outros países da UE, en concreto a Francia, e non houbo máis deteccións.

En setembro 2014 a administración italiana declarou telo detectado en Calabria. Aumentaron os controis e queimáronse as colmeas positivas nun radio de 100 km, pero seguiron aparecendo colmeas con escaravello, máis de 60 apiarios ata decembro 2014, un deles en Sicilia. Dende entón non se volveron detectar novos focos.

Ao parecer, o protocolo de destrución puido controlalo e limitalo na súa expansión.

Fallos que se rexistraron no protocolo de control:

Sen cordón sanitario

Inicialmente sen trampas de detección

Sen SOS a técnicos con experiencia (Canadá…)

Queimar sen fixar indemnización

Protocolo de queimar aplicando antes SO2. A manipulación esparexe escaravellos adultos

Danos:

Os adultos comen os ovos da colmea

As larvas fan galerías nos favos e comen mel, pole e crías; os restos da súa actividade fermentan o mel estragándoa.

As colmeas debilítanse, chegando a desaparecer ou a facer un abandono sanitario, como nalgúns casos de fame, loque americana ou varroa

Os almacéns de alzas poden ser saqueados polas larvas, ocasionando graves danos nos favos almacenados

Trampas:

Apithor (+ fipronil) Australia. https://www.apithor.com.au/

Beetle Barn (+ ác. bórico, coumafos…) https://www.youtube.com/watch?v=Q0mO-cYTZ58

Beetle Blaster (+ aceite e vinagre de mazá ou plátano fermentado)
http://www.vita-europe.com/products/beetleblaster/

Caixas de CD (+ ác. bórico, coumafos…)

Diatomaceus Earth Small Hive Beetle Tramp
https://www.youtube.com/watch?v=r2a29W9Spdg

Polionda (+ ác. Bórico…)

Aethina_tumida_01_standar

Larva e exemplar adulto de Aethina Tumida e abella.

Tratamentos:

Bayer USA, 1999, tira plástica con 10% de coumafos, ChecKMite ®: en burato, ou dentro, cuberto con plástico (mellor oscuro)…

Regar chan diante das colmeas con permetrina 5 ml/4 l (40 -60 cm ao redor de 6 colmeas, dura 30-90 días), mata larvas e pupas.

Regar favos con lixivia, mata 100% de larvas.

Os interesados poden encontrar información actualizada na web oficial italiana: http://www.izsvenezie.it/aethina-tumida-in-italia/

Autor: Antonio Gómez Pajuelo. De A.G. Pajuelo, Consultores Apícolas, Asistencia Técnica e Información. www.pajueloapicultura.com

Descarga aquí a ponencia completa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información