Un gran incendio forestal calcina máis de 2.000 hectáreas en Cualedro

O lume obrigou ó desaloxo de varios núcleos de poboación e calcinou tres motobombas. Traballan na súa extinción 16 medios aéreos e case 50 brigadas, segundo os últimos datos

Cualedro, un concello da comarca da Limia (Ourense), está a sufrir un gran incendio forestal que leva calcinadas máis de 2.000 hectáreas. O lume iniciouse sobre as 12 horas do domingo nun escenario de altas temperaturas e ventos cambiantes que dificultaron o seu control e os traballos de extinción.

O incendio avanzou a gran velocidade na tarde de onte, a un ritmo que nalgúns intres superou as 200 hectáreas a hora, e obrigou ó desaloxo de varios núcleos de poboación polo fume e polos riscos do lume. As lapas calcinaron ademais tres motobombas. Nos labores de control, segundo a información de Medio Rural da mañá de hoxe, participan 9 avións, 7 helicópteros, 26 motobombas, 47 brigadas e 18 axentes forestais, entre outros efectivos. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A xornada de onte foi especialmente dura en Ourense, con lumes tamén significativos en concellos como Manzaneda, con máis de 250 hectáreas arrasadas en zona de Rede Natura, ou Viana do Bolo, con dous incendios que calcinaron máis de 300 hectáras. Tamén se rexistraron lumes no Barco de Valdeorras e Ourense capital.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información