Un godello da D.O. Valdeorras recibe o Premio Maridaxe Alimentos de España

Publicidade

godello valdeorrasUn viño godello da Denominación de Orixe Valdeorras, resultou premiado na terceira edición do certame enogastronómico Hotel Wine Fest de Barcelona, no que participaron un total de 10 denominacións de orixe de toda España e 6 hoteis icónicos da cidade condal, e onde a valdeorresa foi a D.O. invitada.

O Premio Maridaxe Alimentos de España, foi outorgado ao Hotel Almanac Barcelona, por un xurado profesional que recoñeceu ao equipo do seu restaurante Virens pola mellor armonía entre a proposta gastronómica — allo porros ao vapor con crema de pementos verdes fritos e mollo de xenxibre — e o viño escollido, Quinta da Peza Godello 2024, da Adega Quinta da Peza da Rúa. A razón: “o seu impecable equilibrio de contrastes; a untuosidade e mineralidade que aportan os chans de lousa, e notas herbáceas do Godello da D.O. Valdeorras, que elevan a dozura natural do allo porro, mentres que o seu acedume integra perfectamente a intensidade vexetal do pemento italiano”, según destacou o xurado.

Este galardón, cuxa entrega produciuse onte mércores día 4 de febreiro no Speaker’s Corner de Barcelona Wine Week, pon en valor a excelencia do produto e a gastronomía española, e forma parte das accións de promoción impulsadas por Alimentos de España que se consolidou como un dos recoñecementos clave do festival.
Para o presidente da D.O. Valdeorras, Marcos Prada Ginzo, “foi unha grata sorpresa” tras “unha experiencia moi enriquecedora” na que “pagou moito a pena parcipar” e que veu a “complementar o traballo realizado na feira”.

Barcelona Wine Week

Máis de cen visitas foron as recibidas no stand da Denominación de Orixe Valdeorras durante os tres días de celebración da feira.

De orixe nacional, pero sobre todo “de outros moitos países de todo o mundo”, atenderon a profesionais de catro continentes; do europeo, chegados de países como Bélxica, Países Baixos, Rumanía, Hungría ou Noruega; do continente americano, chegados de Estados Unidos, Costa Rica, Chile, Guatemala ou México; do continente asiático, desde Japón, Corea do Sur ou Malaisia; e mesmo desde o continente oceánico, con profesionais chegados desde Nova Zelandia.

“Puidemos comprobar que a nosa marca é unha marca consolidada, somos unha denominación de orixe apreciada e coñedida pola súa calidade”, expresou o presidente da D.O. Valdeorras. Da mesma opinión é Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador, quen explicou que “se coñecen a marca, achéganse a probar cousas novas” porque “comprobamos que moita xente tomouse o seu tempo para vir e coñecernos mellor”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información