Un festival de deleite

Milleiros de persoas danse cita no Festival do Leite, en Pontevedra, co concerto de Sés, cun cheo absoluto, como punto culminante da xornada

Un festival de deleite

Sés e a súa banda despedíndose tras o concerto no Festival do Leite. / Imaxes: Gz música.

O III Festival do Leite, que se celebrou este sábado en Pontevedra, repetiu o éxito de edicións anteriores. A fórmula estase a demostrar eficaz para atraer ó público. Entrada de balde, con concertos e actividades infantís, e bandas só galegas como único e gran reclamo.

publico festi estandar

Se algo demostra cada edición do Festival do Leite é que a música galega ten o aprecio do público. Foron milleiros de persoas as que onte pasaron polo evento, organizado pola marca Deleite Galego, co concerto de Sés como punto culminante da tarde. Era o concerto máis esperado, probablemente xunto co de De Vacas, que fora horas antes. Ambas formacións fixéronse un nome na escena galega nos últimos anos e teñen un público fiel, se ben outras bandas máis descoñecidas para o gran público, como The Limboos, amosaron tamén un dos sons máis sólidos e redondos da noite.

O Festival pechou de madrugada, tras máis de 12 horas ininterrumpidas de música coas que a marca Deleite, impulsada por un grupo de gandeiros galegos, ten un dobre propósito: apoiar a música galega e chamar a atención sobre a importancia estratéxica do sector lácteo en Galicia. O evento cumpriu ambos obxectivos con creces: satisfacción entre o multitudinario público, artistas e a propia organización.

The Limboos no Festival do Leite.

The Limboos no Festival do Leite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información