Un branco de Valdeorras, o primeiro de Galicia en lograr 100 puntos na guía Parker

Publicidade
Un branco de Valdeorras, o primeiro de Galicia en lograr 100 puntos na guía Parker

Un viño amparado pola Denominación de Orixe Valdeorras, “Sorte O Soro 2020”, elaborado pola adega Rafael Palacios, é o primeiro de Galicia en lograr 100 puntos na prestixiosa publicación estadounidense The Wine Advocate, elaborado por Robert Parker. Soamente 20 viños españois lograron esta puntuación desde que se fundou a publicación no ano 1978.

“Sorte O Soro 2020” elabórase a partir das uvas dunha parcela situada no val de Bibei, en Santa Cruz de O Bolo. As cepas son de variedade godello e teñen 44 anos de antigüidade. A variedade xunto coa localización, a 710 metros de altitude e nun solo de areas finas de granito e cuarzo outorgan un carácter moi singular a este viño.

O viño que logrou os 100 puntos Parker se fermenta en barricas novas de 500 litros de carballo francés e a anada do 2020 ten unha crianza de sete meses. O viño pode obterse no mercado por un prezo aproximado de 200 euros

O informe elaborado por Luís Gutiérrez, o crítico abulense que outorga a puntuación da revista en España, destaca de “Sorte O Soro 2020” : «As estrelas aliñáronse para producir un viño impresionante. (..) O nariz é doutro mundo. Ten un bonito e fragante toque crítico de pel de pomelo rosa que o fai punzante e súper atractivo, con aromas de magnolia e flores brancas».

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información