Un boi vendido por 4.372 euros marca un récord anual en Silleda

Un boi vendido por 4.372 euros marca un récord anual en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe o seu récord anual no prezo dun exemplar de vacún maior. Así, un boi mestizo pertencente a unha explotación de Cerdido (A Coruña) e nacido en abril de 2013, acadou o mellor prezo dun exemplar desta categoría en 2017. Foi adquirido por Frigoríficos Bandeira por 4.372€. Ata hoxe o récord anual situábase nos 3.866€ acadado por unha vaca o 31 de xaneiro.

Polo demáis, as Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 9 de maio caracterizáronse pola estabilidade nos prezos do porcino e dos ovos, mentres que en vacún a tendencia foi a unha lixeira suba nos becerros de recría de Frisón, así como no vacún maior, mentres que os becerros de recría de Cruce experimentaron unha baixada.

En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes subiron en todas as categorías. Así, na de menos de 20 días, a cotización media remontou ata os 165 euros, fronte aos 150 da pasada semana. Na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media tamén subiu ata os 180 euros por xato, dous máis que o pasado martes. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos baixaron levemente ata os 209 euros, un menos que a semana anterior.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos foron en xeral á baixa. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias baixaron nos machos ata os 236 euros, fronte aos 305 da pasada semana. Sen embargo, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu ata os 372 euros de media, vinteoito máis que o pasado martes. Nas femias, pola contra, o prezo medio baixou: 237 euros, fronte aos 243 da anterior poxa. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén caeu ata os 407 euros, fronte aos 458 euros de media da pasada semana.

No vacún maior a tendencia xeral foi a unha leve suba dos prezos. Deste xeito, quedaron en 1.077 euros de media en categoría primeira, 727 en segunda -a máis numerosa- e 441 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.072, 722 e 437 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_VACUN_MAIO_17_2

Sen cambios nos ovos e no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións en todas as categorías: a XL nos 1,40 euros a ducia; a L nos 1,31 euros; a S quedou en 1,31 euros a ducia, e a M en 1,00 euros.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse baixar os prezos un 0,1%, quedando nos 1,60 euros o quilo.

Sen cambios no porco cebado e nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou por segunda semana consecutiva manter sen cambios as cotizacións. Así, nas categorías Selecta e Normal as cotizacións quedaron nos 1,415 e 1,390 euros por quilo, respectivamente; a Canle II nos 1,805 euros por quilo e o desvelle mantívose tamén sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,92 e 0,98 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios nos 1,760 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea as cotizacións mantivéronse estables ou baixaron.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións nos 62 euros para os procedentes de varias explotacións e os 67 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_PORCINO_MAIO_17_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información