A Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, rexistrou hoxe o seu récord absoluto en canto ao prezo acadado por un exemplar. Foi na poxa de vacún maior, cun boi de raza Caldelá procedente dunha explotación de Coles (Ourense) que foi adquirido polo matadoiro Galcarnes (Monforte de Lemos), por un prezo de 5.259 €.
O récord situábase ata hoxe nos 5.022€ acadados por outro boi o 3 de xuño de 2014, sendo o anterior mellor prezo 4.622€ pagados tamén por un boi o 8 de abril dese mesmo ano.