Un bo ensilado de herba supón ata 0,5 euros de aforro na ración por vaca e día

Resumo do relatorio de Mario García, enxeñeiro agrónomo de 3F Tecnology, na xornada técnica sobre forraxes organizada por Delagro na última edición de Abanca CimagGandagro 2017.

Un bo ensilado de herba supón ata 0,5 euros de aforro na ración por vaca e día

Cortando a herba para ensilar

As forraxes son un elemento principal da alimentación e un dos poucos nos que ten influencia directa o gandeiro, polo que cos mesmos custos de produción poderase lograr ou non unha herba de gran calidade.

Neste sentido, Mario García, enxeñeiro agrónomo de 3F Tecnology, explicou as recomendacións básicas para lograr un bo silo de herba durante a súa intervención na xornada técnica sobre forraxes organizada por Delagro dentro de Abanca Cimag GandAgro 2017.

“Todo o que podamos achegar de proteína na herba aforrarémolo en soia”. Baixo esta premisa, Mario García mostrou dous casos reais de dúas racións para vacún de leite cun silo de herba de óptima calidade e un de mala e o impacto económico que supón para o gandeiro:

Ración cun bo silo de herba Ración cun silo deficiente

26 kilogramos de silo de herba,

2 kg de soia,

11,2 kilos de concentrado e

0,08 kilos de grasa.

13,7 kilos de silo de herba de terceira,

4 kilogramos de soia,

13,7 kilos de concentrado e

0,3 kilos de graxa.

Prezo: 4,7 euros ao día

Prezo: 5,2 euros por vaca e día

Fonte: 3F Tecnology

“Esta diferenza de 0,5 euros ao día para un rabaño de 100 vacas son 18.250 euros ao ano. E o custo de facer un silo de herba bo ou malo vai ser o mesmo”, subliñou o enxeñeiro de 3F Tecnology.

Ademais, destacou que cunha ración con máis herba e de boa calidade ?evitaremos os problemas que carrexa utilizar moito concentrado na ración, como son máis acidose, desprazamentos de obomaso, paradas do rumen…etc.

“É dicir, non só é diñeiro que aforraremos na ración, senón tamén que utilizando máis forraxes de herba e de boa calidade melloraremos a saúde dos animais”, concluíu.

Recomendacións para elaborar silos de herba de boa calidade:

-Cortar a herba antes do espigado para evitar perder proteína. “É necesario mirar máis á planta e algo menos ao ceo”, subliñou Mario García.

Variación das calidades da herba a medida que medra:

calidades_pasto

-Evitar cortar baixa a herba: non só non estaremos a achegar nutrientes ao recoller a parte máis fibrosa, senón que incrementaremos a presenza de cinzas, e por tanto de clostridios e doutros organismos contaminantes.

Neste sentido, a altura de corte da herba para ensilar debería ser de entre 15 e 20 centímetros, descartando os talos, a parte máis pobre e contaminada da planta, e a que é máis difícil de compactar no silo. “Canto maior é a altura de corte, máis enerxía, máis proteína e menos fibra estaremos a levar ao silo. Non importa tanto a cantidade como a calidade”, destacou Mario García.

Relación entre altura de corte da herba e presencia de esporas butíricas

Altura de corte:

Esporas butíricas

2 centímetros 83000
20 centímetros 4000

-Presecado: Non debe superar as 24 horas. Débense evitar os presecados excesivos, pois supoñen perder proteína e calidade na conservación.

-A importancia de compactar ben a herba no silo. Canto mellor sexa o pisado, menos osíxeno quedará no silo e mellor conservación.

A recomendación é pisar capas dun máximo de 15 centímetros e destas forma almacenar uns 225 quilogramos de materia seca por metro cúbico. Compactando correctamente capas de herba de 5 centímetros de grosor lograriamos almacenar 325 quilogramos de materia seca por metro cúbico pero se con capas grosas, por exemplo de 30 centímetros, baixaría a 150 quilogramos por metro cúbico.

-Temos que lograr pechar o silo no máximo tempo posible. É dicir, non tardar máis de 2 días desde que acabamos de ensilar. O obxectivo é lograr as condicións idóneas de conservación (ausencia de Osíxeno e PH baixo, ao redor de 4), no menor tempo posible para conservar os nutrientes e parar a fermentación butírica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información