Últimos prezos dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este xoves as cotizacións da terceira semana de xuño dos produtos lácteos, destacando a caída do prezo do manteiga e do leite en pó desnatado.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta terceira semana de xuño para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 392 €/100 kg, – 1,2 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 274 €/100 kg, – 2,4 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 328 €/100 kg, -1,4 % ,,
-Queixo cheddar: 314 € /100 kg -0,1 % nas últimas catro semanas

O prezo do leite spot en Italia sube ata os 0,428 euros o litro.

Captura de pantalla 2026-06-19 114004

Por outra parte, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite baixaron de media nun 1 % nesta terceira semana de xuño en relación a hai un mes e os de enerxía baixaron nun -2.7%.

Finalmente, a última poxa da cooperativa neozelandesa Fonterra celebrada este martes tamén confirma esta tendencia da UE, cunha baixada do 2,8% no seu índice. Neste caso a caída do prezo da manteiga foi do 2,4%; dun 3,1 % no leite en po enteiro e dun 3,6 % no desnatado. O queixo cheddar experimentou unha caída no seu prezo do 3,4 %.

Descarga aquí o informe completo 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información